Os Sendeiros de Foz relizará a ruta do Viño por terras da comarca do Páramo en León, no Concello de Valdevimbre; será o 17 de abril. A ruta trascurre por terras onde a agricultura na mayor parte adicada ao cultivo de la vid e trigo. Ademáis do patrimonio histórico e natural, destacar ás súas xentes, o pobo de Palacio, Villagallegos por onde segue a caminata. É de obrigado cumprimento a visita a algunha das bodegas-restaurante. Xuntaremos na de San Simón, de moito renome. De regreso visitaremos Astorga. Anotarse ata o xoves 14 de abril nos tfnos de costume: 605885009 – 686265154 e-mail: ossendeiros@yahoo.es, prezo 30 euros para socios e 35 para non socios.





















Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



