Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DE UNIFOZ
UNIFOZ, xuntouse en días pasados coa A.Discapacitados Virxen do Carmen de Foz, coa finalidade de analizar a situación real do servizo ofertado os rapaces/as con necesidades especiais.
UNIFOZ analizada a situación, considera que é necesario un compromiso serio para con este colectivo, pois non se trata de ter os rapaces/as entretidos ou nun local físico, o proxecto ten que ser integral en todos os seus apartados, e nese sentido considera esencial a colaboración da Corporación Municipal e de tódolos grupos políticos que a sostentan , sen necesidade de entrar en discusións que o único que consiguen e discriminar máis a este colectivo.
UNIFOZ aposta polo diálogo e consenso da Corporación e comprometese cos membros da Asociación a traballar nos seguintes puntos:
-Compromiso de apoio o colectivo no seu conxunto.
-Local permanente que permita facer actividades e talleres formativos para favorecer a súa integración social.
-Dotación de persoal técnico necesario para a atención e formación. (plan de emprego)
-Traballar proxectos de accesibilidade
-Reserva de prazas para o colectivo de discapacitados.
-Como proxecto a medio prazo, revindicar para a Mariña un centro de atención e formación para discapacitados con transporte asistido.