Nota de prensa
O Partido Popular de A Pontenova preséntase a estas eleccións municipais cun programa ambicioso.
O PP de A Pontenova presenta para estas vindeiras eleccións municipais un Programa Electoral ambicioso pero realista, centrado nos intereses dos veciños, feito por e para os veciños e veciñas e conscientes de que para arranxar os problemas e facer que A Pontenova “despegue” fai falta experiencia, capacidade, ilusión e moitas ganas de traballar.
Así, o Programa Electoral do PP de A Pontenova organízase en dez grandes áreas: infraestruturas e servizos públicos, comercio e empresa, benestar social e terceira idade, familia e xuventude, educación, deportes, cultura, turismo, medio ambiente e parroquias.
Estas dez grandes áreas están desenroladas con multitude de propostas, moitas delas feitas desde os propios veciños e veciñas do noso Concello, centradas nos intereses de A Pontenova e o seu desenrolo e entre elas podemos destacar:
· Loitar porque a “nova pasarela” recupere o servizo que prestaba con circulación de vehículos en dobre sentido.
· Temos claro que é imprescindible crear máis prazas de aparcamento.
· É urxente adoptar medidas para fomentar o emprego.
· É imprescindible apoiar ao comercio e ao tecido industrial.
· Queremos xestionar a dotación para os maiores de parazas de residencia e dun centro de día.
· Queremos desenvolver un programa que permita realmente a conciliación da vida familiar e laboral, con medidas como a apertura dunha gardería.
· Queremos facer un plan de conservación de estradas e camiños do municipio.
· Queremos xestionar a mellora das vías de comunicación supramunicipais, a N 640, ante fomento, a de Riotorto, ante a Xunta de Galicia
· Queremos poñer en funcionamento centros sociais en todas as parroquias.