Nota de prensa
O BNG LEVARÁ ADIANTE DESDE O CONCELLO DE BARREIROS E EN COLABORACIÓN CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS UN PLAN DE REXENERACIÓN E RECUPERACIÓN DO MASMA. PARA O FUTURO GOBERNO NACIONALISTA ESTE RÍO SERÁ A COLUMNA VERTEBRAL DUN NOVO MODELO DE DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO SOSTIBLE E RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE.
Barreiros, 18 de maio de 2011. O BNG de Barreiros reuniuse no día de onte en Celeiro de Mariñaos, na antiga ponte do Barral sobre o río Masma, coa asociación veciñal da mencionada parroquia. Os membros da directiva do colectivo, Irmandade San Caetano, veñen demandando desde hai moito tempo a rexeneración do río Masma, a limpeza do seu cauce e das súas ribeiras e ofrécense tamén a colaborar con calquera institución que tome algunha iniciativa ao respecto, para devolverlle ao río Masma o esplendor e puxanza que tivo décadas atrás.
Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego de Barreiros que durante os últimos anos tén levado a moitas institucións diversas iniciativas para a recuperación do río Masma, manifestoulles aos veciños de Celeiro o seu compromiso para iniciar desde o goberno de Barreiros as actuacións pertinentes para que en poucos anos o río Masma volva a ser o río que foi noutros tempos, xerando riqueza.
O futuro goberno nacionalista de Barreiros terá entre as súas prioridades o río Masma, xa que considera “que este importante recurso tén que ser a columna vertebral sobre a que se constrúa e desenvolva un novo concepto de turismo respectuoso co medio ambiente e non agresivo co entorno como veu acontecendo desgrazadamente, ata o de agora en Barreiros.
As propostas que o BNG presentou onte aos veciños ribeireños do Masma resúmense no seguinte plan de actuación:
-Limpeza do cauce do Masma.
-Limpeza e desbroce das súas marxes e ribeiras.
-Recuperación da súa riqueza piscícola (salmón, troita, reo, anguía, angula, sollas, lamprea…..).
-Recuperación do patrimonio arquitectónico e etnográfico que existe ao longo do Masma, como por exemplo a rehabilitación da histórica ponte do Barral ou a recuperación da antiga ponte que unía a Celeiro e Vilamar á altura da antiga “fábrica da luz”, poñendo tamén en valor este enclave e o seu entorno, así como a recuperación de antigos muiños.
-Recuperación das embarcacións tradicionais do Masma.
-Creación e posta en valor de novas rutas de paseo ao longo do Masma, que xa casi na súa desembocadura poderían enlazar á altura do Pozo Mouro cunha Ruta a San Estevo do Ermo, ao longo do río homónimo, afluente do Masma, e lugar emblemático de Barreiros.
-Elaboración de guías e diferentes soportes para a difusión e divulgación de todo o relacionado co río e o seu entorno.
O BNG apostará pola realización de actividades relacionadas co río Masma como: rutas en lanchas, recuperación dos descensos do Masma e deportes fluviais. Para levar a cabo a recuperación desta conca fluvial os nacionalistas implicarán a moitas institucións: Consellería de Medio Ambiente, Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño (o Masma está afectado por Costas nunha gran parte do seu curso), Deputación de Lugo, Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Mariña, Concello de Barreiros e tamén os outros concellos ribeireños na parte que lles toca: Mondoñedo, Lourenzá e Foz. E tamén colectivos veciñais e ecoloxistas.
Para o BNG “ésta é unha proposta realista e realizable que ao longo do tempo dará os seus frutos, xerará emprego na zona e fixará poboacion. Iniciativas coma ésta tiveron éxito e deron os seus frutos ao longo do tempo noutras comunidades do estado que apostaron por un turismo sostible, e tamén tiveron moito éxito en concellos de Galiza como Allariz que recuperando o río Arnoia convertíuse nun referente turístico a nivel internacional”, segundo explica o candidato á alcaldía de Barreiros, Antonio Veiga.
O tamén portavoz do BNG na actualidade no Concello barreirense subliñou que “o que non é realista nin de sentido común é defender nestes momentos a construcción dunha ponte entre os espigóns de Foz e San Cosme e gastar nesa arroutada nin mais nin menos que 2 millóns e medio de euros”.
Ao encontro celebrado onte en Celeiro de Mariñaos asistiron Ana Ermida, Montse Porteiro, Aurora Moreira e Antonio Veiga.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



