Nota de prensa
BURELA ACOLLE DO 27 AO 29 DE MAIO AS CUARTAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA MERLUZA DO PINCHO, QUE ORGANIZA A CONCELLERÍA DO MAR. OS 18 LOCAIS PARTICIPANTES OFRECERÁN DIFERENTES PREPARACIÓNS DESTE PEIXE AO PREZO DE 6 EUROS A RACIÓN.
Burela, 26 de maio de 2011. Coincidindo coa primeira fin de semana das festas patronais de Burela desde mañá e ata o domingo terá lugar a cuarta edición das xornadas gastronómicas de merluza do pincho de Burela, que organiza a Concellería do Mar. Os 18 locais participantes ofrecerán diferentes preparacións ao prezo de 6 euros a ración.
Remedios López explicou que “o que se intenta é facer como en anos anteriores una ruta de tapeo polo pobo. Deste xeito, os días 27, 28 e 29 de maio promocionarase Burela e hábitos tan saudables como o consumo do peixe na cidadanía”. Os locais participantes son: Parrillada de Jandro, mesón do Poeta, La Bodeguilla, Os Remos, Miranda, Palacio de Cristal, Hamiltón, A Marquesa, O Raio, restaurante Lucer, hotel Galatea, hotel Nordés, restaurante O Portelo, bar da Costa, restaurante A Lonxa, mesón da Pedra, La sartén de Carmen e cervexería Kiko.
A concelleira socialista sinalou que “cada vez involúcrase mais o pobo e iso nos fortalece”. E lembrou que “dentro da campaña de promoción desta especie repartiranse libros dos Sabores do noso mar entre os 18 restaurantes, que agasallarán aos seus clientes cada vez que consuman dito produto. Ademais na fin de semana anterior tamén participamos na última edición do encontro das palilleiras axudando económicamente a promocionar a empanada de merluza do pincho de Burela. Agasallamos a mais de 400 palilleiras de Galicia e Asturias cun exemplar do libro gastronómico referido a merluza do pincho, no cal se promocionan distintas receitas e tamén os restaurantes do noso pobo”. Absa agasallará, como fixo en anos anteriores, cunha merluza a cada restaurante que participa nesta festa gastronómica e o Concello, pola súa parte, fíxose cargo, como organizador das xornadas, da publicidade en prensa e radio e tamén da cartelería sen coste algún para o hostaleiro.
Balance do mandato
Remedios López asegura que “o que pretendín nestes catro anos dentro da Concellería do Mar foi axudar ao consumo de peixe entre a poboación, facendo xornadas gastronómicas e editando libros que se distribuíron nas distintas feiras ás que vai o Concello, facendo cursos como o de socorrismo ou de redeiras para crear emprego, ou o de patrón de embarcación deportivas fomentando a naútica, ou simplemente promocionar a costa e os deportes naúticos con cursos de surf, campeonatos de moto naútica ou o día do mar en agosto con todo tipo de diversións para a mocidade. Sen deixar de escoitar aos mais pequenos a través do Certame do relato curto do mar, que nos seus contos mostran un fiel reflexo do que escoitan na casa e as súas necesidades. Tamén facendo xornadas de prevención en época estival con charlas para educar a poboación dos diferentes tipos de medusas, algunhas mortais. Tampouco me olvidei nestes catro anos de escoitar ao sector profesional que representa ao mundo do mar nas Xornadas Técnicas e nos Encontros Empresariais axudando a que Burela siga sendo un referente no mundo da pesca, promocionando e organizando a feira Expomar, incluso en épocas difíciles para o sector como nestes momentos, acercando a admistración e conseguindo un éxito de visitas e contactos”.
A concelleira do Mar lembrou que “tamén se traballou cos xubilados do mar, escoitándoos e editando o libro Memorias do oficio do mar, libro que axudará a incrementar o patrimonio cultural do pobo, reflexando de onde vimos, sen olvidar cómo se foron formando oficios e creando empresas que foron o motor e desenvolveron a economía de Burela. Exposicións ao aire libre, varios DVDs de promoción dos nosos produtos e charlas. Por non falar das grandes inversións que se fixeron nesta lexislatura apoiadas polas distintas administracións: ampliación do peirao comercial, nova capitanía marítima, remate do fogar do mariñeiro (A Moncloa), nova nave de redes, reubicación da rampa de varada no muelle do Berbés, novo edificio de servizos portuarios, 20 novos almacéns ou o arranxo e ampliación do paseo que une os dous peiraos”.
Remedios López Villar subliña que “quédame un bó sabor de boca dun traballo ben feito e deixamos o listón ben alto ao que me preceda. Sempre como unha persoa honesta, onde a única misión é reflexar que Burela sexa un sitio atractivo para vivir e coñecido pola súa pesca de gran calidade, onde o turista poda disfrutar da gastronomía saudable e apoiar ao noso tecido produtivo”.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



