Nota de prensa
CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOS DO
XVI Certame de Arte “ Galería Burela 2011 “
Este venres, 20 de maio, ás 20:00 horas procederase á clausura e á entrega de premios os gañadores da XVI edición do Certame de Arte “ Galería Burela 2011 “.
O acto estará presidido pola Conselleira de Cultura, Dª Neves Cando López e terá lugar na Sala de Arte da Casa de Cultura.
Un ano máis, o Concello de Burela, a través da Delegación Municpal de Cultura, ven de organizar unha nova edición deste Certame de Arte . Na XVI edición os premios están dotados de 1800 € para os primeiros clasificados, na modalidade de pintura e de escultura; os segundos acadarán 1200 €; e os terceiros recibirán unha figura representativa do Certame.
Os gañadores desta edición foron os seguintes artistas:
PINTURA:
1º Premio: Alejandro Cano Bolado ( Valladolid )
Obra: “ Posidonia . Os prados do mar “.
2º Premio: Adriana Pardo Basanta ( Burela )
Obra: “ Silencio a berros “
3º Premio: Pablo Livio díaz Cardona ( Viveiro )
Obra: “ Nostalgia por tiempos perdidos “
ESCULTURA:
1º Premio : Juan José Vila Castro ( Lugo )
Obra: “ A chamada intercultural “
2º Premio: Antonio F. Souto Cortizo ( Ourense )
Obra: “ Maternidade “
3º Premio: Tony Ferrer Dieguez ( Ourense )
Obra: “ Maternidade “