Nota de prensa
Entrega de Premios
do
Certame de Narración e Debuxo Infantil
“ Letras Galegas 2011
A Delegación Municipal de Cultura, a través da B.P.M. de Burela, procederá á entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil “ Letras Galegas 2011 “, mañá venres, 27 de maio, ás 19:30 horas na Biblioteca Pública de Burela.
Os gañadores foron os seguintes:
No apartado de Debuxo:
CATEGORÍA A 🙁 ata 8 anos )
1º Premio: Pablo Rubal Losada – CEIP VISTA ALEGRE – 8 anos
2º Premio: María Carreira Carreira – CEIP VISTA ALEGRE – 8 anos
3º Premio: Alex Bermúdez Álvarez – CEIP VIRXE DO CARME –7 anos
CATEGORÍA B ( de 9 a 11 anos )
1º Premio: Antón Mazaira López – CEIP VISTA ALEGRE – 10 anos
2º Premio: Manuel Rubiños Trelles – CEIP VISTA ALEGRE – 10 anos
3º Premio: Irene Rico Gómez – CEIP VISTA ALEGRE – 11 anos
No apartado de NARRACIÓNS.
CATEGORÍA A ( ata 8 anos )
1º Premio: Claudia Pernas Dayán – CEIP VISTA ALEGRE – 8 anos
2º Premio: Pablo Rubal Losada – CEIP VISTA ALEGRE – 8 anos
3º Premio: Yago Montero Gradaille – CEIP VISTA ALEGRE – 8 anos
CATEGORÍA B ( de 9 a 11 anos )
1º Premio: Pilar Romero González – CEIP VISTA ALEGRE – 10 anos
2º Premio: Manuel Rubiños Trelles – CEIP VISTA ALEGRE – 10 anos
3º Premio: Antón Mazaira López – CEIP VISTA ALEGRE – 10 anos
CATEGORÍA C ( de 12 a 16 anos )
1º Premio: Paula Vázquez Franco – CEIP VISTA ALEGRE – 12 anos
Os traballos premiados, nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



