Nota de prensa:
Máis da metade dos Concellos adheridos ó programa Innova-TE teñen implantada a e-Administración
– 27 dos 49 municipios que se sumaron ó proxecto da Deputación, financiado nun 70% pola Unión Europea, contan a día de hoxe con este servizo e os 22 restantes poñerano en marcha de maneira progresiva nas vindeiras semanas
– Os entes locais coa Administración Electrónica activada teñen dispoñibles 79 trámites municipais on line, a totalidade dos previstos
– Das localidades participantes no Innova-TE, a gran maioría, 39, solicitaron a modernización do seu portal web para mellorar a súa accesibilidade e navegación
– A Deputación adxudica a zona de baño que construirá nos Robles, en colaboración co Concello, e que estará en funcionamento antes do verán se a Xunta de Galicia concede os permisos necesarios
Máis da metade dos 49 Concellos adheridos ó programa Innova-TE da Deputación de Lugo, o 55%, teñen a día de hoxe implantada a Administración Electrónica. Deste xeito, 27 municipios dispoñen deste servizo e os 22 restantes activarano de maneira progresiva nas vindeiras semanas. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que inicialmente, os concellos participantes no proxecto do organismo provincial eran 51, pero Xove e Vilalba desvinculáronse por falta de interese e implicación. “Non entendemos como os Alcaldes destes dous municipios deixaron pasar esta oportunidade única. A día de hoxe aínda non sabemos cal foi a razón desta decisión porque é un programa importante para os veciños, xa que aforra tempo e recursos. Ademais, a propia normativa obriga ós Concellos a poñer en marcha a administración electrónica”.
O plan Innova-TE está financiado nun 70% pola Unión Europea e resulta totalmente gratuíto para os entes locais. Coa súa execución, poñerase a disposición de 200.000 veciños –os habitantes dos 49 concellos adheridos- a posibilidade de facer 79 trámites municipais por Internet, o que lles permitirá manter unha relación fluída coa administración e un importante aforro de tempo e diñeiro á hora de facer xestións diarias. Entre os procedementos dispoñibles figuran solicitudes de alta no subministro de auga potable e rede de sumidoiros, dun posto no mercado, certificado de empadroamento, subvencións para asociacións e colectivos, licenza de vao e de ocupación de vía pública, inscrición en bolsas de traballo, en escolas deportivas, talleres e cursos, garderías ou reserva de voda civil.
Os Concellos coa e-Administración arrancada xa teñen dispoñibles eses 79 trámites, a totalidade dos previstos no ámbito municipal. Son os seguintes: Burela, Foz, Mondoñedo, A Pastoriza, Begonte, Guitiriz, Riotorto, Pol, Baleira, Becerreá, Portomarín, Sarria, Samos, Rábade, Castroverde, Láncara, Paradela, O Páramo, Palas de Rei, Monterroso, Carballedo, Chantada, Taboada, A Pobra do Brollón, O Incio, Ribas de Sil e Sober. Ademais, de maneira inminente incorporaranse Lourenzá e Muras e, tras eles, farano Abadín, Castro de Rei, Meira, Ribeira de Piquín, Cervo, Viveiro, Ribadeo, A Pontenova, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Cervantes, Baralla, As Nogais, Pedrafita, Friol, O Corgo, Triacastela, Monforte de Lemos e Quiroga. No caso da Deputación, poñeranse a disposición dos cidadáns 68 trámites, dos que 51 están a día de hoxe activos.
Dotacións tecnolóxicas
Para consolidar o despregue da Administración Electrónica e garantir o seu funcionamento eficaz, o programa Innova-TE facilitou equipamento tecnolóxico ós concellos (136 ordenadores, 102 portátiles, 42 impresoras, 33 servidores e 49 pantallas multimedia de información). Puxo en marcha tamén un plan de extensión de banda ancha que mellorará a conexión a Internet dos consistorios e telecentros, e que resultará determinante para ofrecer a tramitación on line en concellos con deficiente cobertura da Rede, como é o caso de Negueira, Navia, Triacastela ou Cervantes.
As entidades locais tamén poden renovar a súa páxina web a través do proxecto, modernizándoa e mellorando a súa accesibilidade e navegación. Nun primeiro momento solicitaron esta opción 32 concellos, pero, tras arrancar os 7 primeiros e ver os bos resultados, outros 7 decidiron beneficiarse desta posibilidade. Deste xeito, a día de hoxe, a gran maioría dos participantes no proxecto -39- teñen solicitado renovar o portal. Do total, están activados 26 e quedan 13 por facelo, o que depende de xestións municipais.
Zona de baño Lugo e actuacións noutros Concellos
Fóra da Orde do Día aprobouse a adxudicación de novas actuacións en 4 municipios da provincia por valor de 751.863 euros. Trátase do pantalán da zona de baño que Deputación e Concello construirán na área recreativa dos Robles. Ten un orzamento de 208.880 euros e disporá de dous aparcadoiros flotantes: un de 24 metros de longo por 10,5 de ancho para adultos coa profundidade do río e outro cunha profundidade de 0,50 para nenos. Tamén contará con 6 vestiarios nos Robles e un parque infantil.
Deste xeito, a infraestrutura estará en funcionamento antes do verán sempre e cando a Xunta de Galicia conceda o permiso necesario para poder bañarse. A día de hoxe e malia que este foi solicitado o pasado 14 de abril, a administración autonómica aínda non emitiu ningún tipo de resposta. Pola contra, a Confederación Hidrográfica está actuando en tempo e forma. Asimesmo, deuse o visto e prace ó parque infantil cuberto que se situará nas inmediacións do Pazo de Feiras e Exposicións. Terá 21 metros de longo por 14 de ancho e inclúese dentro do Plan Director do río Miño impulsado conxuntamente por ambas as dúas administracións. O importe desta actuación é de 214.297 euros.
En Monforte de Lemos, adxudicouse o remate da instalación eléctrica, aire acondicionado e pavimento na biblioteca e pintura exterior do Pazo de Tor, así como a rehabilitación da antiga Casa-Escola da Penela para centro sociocultural, acondicionamento das igrexas de Marcelle e Piñeira e mellora de infraestruturas viarias. Estas dúas actuacións teñen un investimento de 261.187 euros.
En Burela, dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública, adecuarase o contorno da igrexa da parroquia de Santa María por importe de 67.499 euros. Asimesmo, deuse o visto e prace a 9 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2010 por valor de 86.179 euros, dos que a Deputación achega 62.872. Pertencen ós Concellos de Viveiro (3), Palas de Rei (2), Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



