Nota de prensa
O CONCELLO PROCEDERÁ AO LAVADO DOS CONTEDORES VERDES A VINDEIRA SEMANA, SEGUNDO ANUNCIA O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, HORACIO CUPEIRO.
Ribadeo, 27 de maio de 2011. O Concello procederá ao lavado dos contedores verdes a vindeira semana, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista pide unha vez máis colaboración aos veciños do casco urbano de Ribadeo para que non saquen o lixo das súas casas ata as tardes. Cupeiro dixo que “así poderemos lavar os contedores polas mañás sen problema”. Esta primeira fase afectarálle a vindeira semana, de luns a vernes, á vila. O lavado dos contedores verdes seguirá despois polas parroquias de Ribadeo.