Nota de prensa
O CONCELLO SOLICÍTALLE AO MINISTERIO DE FOMENTO QUE REFORCE A MALLA METÁLICA DE PROTECCIÓN DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO AO SEU PASO POR RIBADEO. FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE ALGÚNS ANIMAIS ESTÁ ACCEDENDO A ESTE VIAL COS PERIGOS QUE ISO PODE SUPOÑER PARA OS CONDUTORES.
Ribadeo, 16 de maio de 2011. O Concello solicítalle ao Ministerio de Fomento que reforce a malla metálica de protección da autovía do Cantábrico ao seu paso por Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que algúns animais están a acceder a esta estrada cos perigos que iso pode supoñer para os condutores.
Suárez Barcia fíxose eco “dunhas suxerencias que me fixeron algúns cazadores de Ribadeo sobre a perigosidade que mostra a autovía do Cantábrico ao seu paso por este concello, simplemente pola maneira en que o valado foi colocado no seu momento, que moitas veces posibilita que por debaixo desta malla metálica se poidan colar ou meter un xabarín, un can de caza ou animais salvaxes que poden cruzar esta estrada ocasionando perigos. Concretamente un cazador díxome que un dos seus cans foi atropelado por un vehículo, non se trata dunha alarma senón de feitos reais”.
O rexedor sinala que “esta situación é debida a que no treito de Ribadeo é moito máis precaria esa malla e non así nos tramos de Barreiros onde hai unha dobre malla que está anclada no chan impedindo o paso de animais. Así tamén está en moitos treitos da autovía do Cantábrico ao seu paso por Asturias, é un método moito máis eficiente que o de Ribadeo”. Fernando Suárez subliñou que “con informes técnicos querémoslle pedir ao Ministerio de Fomento, a través da Unidade de Carreteras de Lugo, que dean conta desta reparación canto antes e confío en que se revolva en moito menos tempo que algo tan simple como algo que se vai resolver, pero realmente tivo que anuncialo o propio ministro, eu cando era tenente de alcalde no ano 2007 pedínlle por escrito e formalmente que puxese na saída da Devesa un letreiro indicando esta parroquia. Tardaron 4 anos e agora parece ser que o van poñer, algo que me enche de satisfacción e de ledicia, pero é algo que me preocupa moito porque si para poñer un letreiro tardaron catro anos non sei o que tardaremos en facer outras obras de importancia para Ribadeo como a ruta das cetáreas ou o terceiro acceso a Ribadeo desde a A-8, unha obra que foi aprobada no Congreso dos Deputados”.
O alcalde de Ribadeo confía en que “como moita xente está de saldo nos días que quedan de campaña a ver si nos prometen algo que realmente se poida cumprir”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



