Nota de prensa
O PP xestionará a adecuación da Casa do Mar para novos servicios.
Os populares iniciarán xestións para a construcción dunha nova edificación cos mismos fins.
Pedirán a representación provincial do Instituto Social da Marina.
Burela, 13 de maio de 2011.- O Partido Popular inclúe no seu programa electoral a adecuación da actual Casa do Mar para ubicar na mesma determinados servicios sociais, dependentes ben da Xunta, ben do Concello.
Os populares, que descartan a ubicación dunha gardería na actual Casa do Mar, dadas as características da edificación, consideran que en todo caso a localización deses servicios será temporal, porque desde o PP anuncian que en todo caso iniciarán as xestións para a construcción dunha nova Casa do Mar ou edifício similar.
Segundo o PP, a distribución interior da Casa do Mar necesita unha remodelación para a posta en marcha de certos servicios, pero a súa propia estructura tamén é un impedimento, porque o edifício xá ten preto de corenta anos. Ese é o argumento fundamental para que os populares tomen en consideracion a construcción dun novo edifício de características similares, pero contemplando a instalación de máis servicios.
Desde o PP, sendo conscientes da situación actual de crise económica, considérase que é imprescindible iniciar canto antes as xestións a tal efecto, porque o sector pesqueiro de Burela en particular, e a propia localidade en xeral, merecen unhas instalacións modernas e dignas. Ademais, os populares non descartan reclamar a localización da representación provincial do Instituto Social de la Marina na costa, e máis concretamente en Burela, por ser o porto que actualmente tén máis movemento.