Nota de prensa
Debate no Parlamento
ISMAEL REGO AFIRMA QUE A UNICA ACTUACIÓN DE PORTOS NA PROVINCIA DE LUGO É A DEMOLICIÓN DA LONXA DE SAN CIBRAO
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego cualificou de falcatruada e gamberrada institucional as actuacións da Xunta nos portos de Viveiro e de Foz
– Preguntoulle “ onde esta o Plan de Usos do Porto de Foz que presentaron durante a campaña electoral?
-Denunciou que Portos de Galicia esta atacando a cidadáns mediante os responsables políticos onde non goberna o Partido Popular
Santiago, 26 de maio de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a situación na que se atopa o expediente de caducidade da concesión do Porto deportivo de Viveiro.
Lembrou que o pasado 28 de maio de 2010 Portos de Galicia acordou a incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada ao Concello de Viveiro para a construcción e explotación de instalacións náutico-deportivas no porto.
Subliña tamén que a xustificación que se utilizou na resolución constata que tiña que “garantir a prestación dos servicios de interese publico imprescindibles para o funcionamento do porto dentro dos parámetros que esixe a normativa de aplicación, particularmente no que atinxe á normativa tarifaría, de policía e de seguridade portuaria e medioambiental”.
Alí denunciou que a Xunta de Galicia privou ao Concello de Viveiro de ofertar servicios relacionados coas actividades nautico-deportivos, e consecuentemente co sector turístico da Comarca do Landro. Ademais dixo que a nova concesión foi realizada a dedo e insistiu “a un amiguete do Director Xeral de Portos”. E preguntoulle porque anulou o expediente de caducidade e ademais o mesmo día que o anulou “fixo outro novo”, por iso augurou “fraude de lei”, neste asunto “por iso espero que a Xustiza o poña no seu sitio” . A maiores lembrou que esta concesión foi outorgada a “unha persoa particular”, algo que cualificou como “ unha falcatruada administrativa”.
Ademais aludiu as protestas dos usuarios que sinalan que esta nova concesión non están dando os servicios pertinentes, xa que afirma “so esta para lucrarse”. Denunciou que Portos de Galicia esta atacando a cidadáns mediante os responsables políticos onde non goberna o Partido Popular.
Dragado do Porto de Foz
Na citada comisión Rego tamén reclamou explicacións sobre o dragado do Porto de Foz. O deputado explicou na súa intervención que o dragado do Porto de Foz é unha necesidade obxectiva para posibilitar a súa utilización, xa que na actualidade sufre graves limitacións para a entrada de todo tipo de embarcacións.
O deputado do PSdeG-PSOE replicoulle ao Director de Portos “si a actuación no porto de Viveiro foi unha falcatruada, no de Foz foi unha autentica gamberrada, espetou.
E preguntoulle si as obras realizadas ata o momento no Porto de Foz “custaron 250.000 euros, ou si esas cifras son o custo do proxecto de dragado integral que anunciou que se aprobara nos próximos días”. E insistiu “e onde esta o Plan de Usos do Porto de Foz que presentaron durante a campaña electoral?.
A maiores Rego lembroulle que a súa única actuación na provincia de Lugo foi tirar a lonxa de San Cibrao “porque ían facer unha goleta e agora quedamos sen goleta e sen lonxa”, sentenciou.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



