NOTA DE PRENSA
VERÁN XUVENTUDE 2011 NO CONCELLO DE XOVE
O Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a Concellería de Xuventude, pon en marcha un ano máis o Programa “VERÁN XUVENTUDE 2011”, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Programa “Quérote +”. Este conxunto de actividades vai desenvolverse durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, incluindo as seguintes actividades:
XUÑO:
-Sábado 25: “Torneo de Play”. A partir de 12 anos. Inscrición ata o 20 de xuño.
-Mércores 29: Dentro dos “Obradoiros Quérote +” teremos “A Arte da Seducción” para rapaces/as de idades de 18 a 25 anos. A inscrición será na OMIX do 1 ao 24 de xuño.
XULLO:
-4 ao 29: “Cursos de Informática”:
-“Manexo de Window, Word e Internet”. De 6 a 9 anos.
-“Word, Publisher e Internet”. De 10 a 12 anos.
A inscrición para estes dous cursos será na OMIX do 13 ao 28 de xuño.
-Xoves, 7 de xullo: “Paint Ball” para rapaces/as de 12 a 18 anos. Inscrición do 1 ao 30 de xuño na IMIX.
-Xoves, 13 de xullo: Dentro dos “Obradoiros Quérote +” temos “Convivindo”.
-Sábado, 16 de xullo: Cerceda, para xoves de 13 a 35 anos. Inscrición ata o 8 de xullo.
-Mércores 27 de xullo: “Sacando as redes da pantalla, uso seguro de Tic´s”. Para idades entre 12 e 15 anos. Inscrición do 1 de xuño ao 6 de xullo na OMIX.
-Sábado, 30 de xullo: “Paint Ball” para maiores de 18 anos. Inscrición ata o 22 de xullo.
AGOSTO:
-4 e 5 de agosto: Campamento. Para rapaces/as de 10 a 16 anos. Inscrición ata o 30 de xullo.
-18 e 19 de agosto: “Días da Xuventude” (Festas Patronais). Distintas actividades dirixidas a xóvenes entre 10 e 35 anos.
SETEMBRO:
-3 e 4 de setembro: “Viaxe a Ourense: Pozas de Outariz”. Para idades entre 17 e 35 anos. Inscrición ata o 26 de agosto.
Por último sinalar os “Encontros para a Saúde: Taller de Memoria” que se van desenvolver durante os meses de xullo e agosto para persoas maiores de 60 anos. Inscrición ata o 27 de xuño, xunto de Angélica, a Educadora Familiar Esta actividade está englobada dentro do Departamento de Educación Familiar.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



