Nota de prensa
18 MEDALLAS FORON AS QUE LOGRARON OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS VIVEIRO NO
CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS
O pasado sábado en xornada de mañá e tarde celebrouse no estadio da xuventude de Pontevedra o Campionato Galego de Pista ó Aire Libre de Veteráns, onde os atletas do clube vivariense lograron 18 metais, 9 ouros, 6 pratas e 3 bronces. O campionato desenrolouse cunha elevadísima participación de atletas en representación de todos os clubes galegos demostrando o clube vivariense que a pesar de que acudía ó campionato con só 17 atletas debido ás lesións e outros motivos persoais, estiveron a unha gran altura manténdose entre os clubes que máis metais acadaron, neste campionato cada atleta pode participar nun máximo de 3 probas.
No apartado feminino destacar a gran proba realizada por Manuela Guisasola que se atopa nun momento doce da súa carreira deportiva logrando vencer nas tres probas nas que compiteu que foron os 100, 200 e 400 m. lisos na categoría W-50, no apartado masculino destacar a Paco Barrientos que acadou 3 metais, dous ouros nas probas de 100 e 200 m. lisos e unha prata en 400 metros lisos en M-55, Enrique Río que foi ouro en 100 m. lisos e prata en 400 m. lisos en M-75, Emilio Toral foi prata en 200 e 1500 m. lisos e bronce en 400 m. lisos en M-55, Arturo Pardo prata en 200 m. lisos en M-50, Antonio Hernández ouro en 5000 m. lisos en M-65, Luis Miguel García foi bronce en 5000 m. lisos en M-55, na proba dos 10000m. lisos venceu con moita autoridade o atleta do Egovarros-Viveiro Jose Manuel Corral que competía na categoría M-35, sendo prata o seú compañeiro Jose Angel López, e ouro en M-45 Emilio Martínez Anta.
A próxima proba na que competirán será o Campionato Galego de 5000m. en ruta a celebrar en Ourense.