Nota de prensa
CERVO PRESENTA O DISPOSITIVO DE SOCORRISMO EN PRAIAS E PISCINAS MUNICIPAIS QUE ESTARÁ EN FUNCIONAMENTO NOS MESES DE VERÁN
Cervo, 24 de xuño de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros Begoña Alonso (Medio Ambiente e Turismo) e José Ramón Soto (Protección Civil e Seguridade Cidadá) presentaron no día de hoxe o dispositivo de salvamento e socorrismo en praias e zonas de baño que ten despregado o Concello cervense dende o pasado fin de semana.
Este ano o Concello de Cervo disporá nestes meses de verán dun total de 17 socorristas. “O equipo fórmano dez persoas que se incorporaron hai uns días a traballar durante esta tempada e aos que hai que engadir tamén aos os sete socorristas que veñen desempeñando a súa labor na piscina municipal ao longo do ano” indicou o concelleiro de Protección Civil e Deportes, José Ramón Soto. Soto sinalou que os sete socorristas da piscina integraranse ao servizo de vixilancia de praias no vindeiro mes de xullo, cando a devandita infraestrutura deportiva peche para facer a súa parada anual de mantemento.
O xefe de Protección Civil, Mario Antuña, (de cuxo servizo depende a coordinación do dispositivo) sinalou que os esforzos centraranse en atender os principais areais do municipio e as piscinas do Club Deportivo de Río Cobo. Para iso, contará con diverso material como lanchas salvavidas, torres de vixilancia, material de intervención e de primeiros auxilios. Así mesmo, as praias máis concorridas do termo municipal (O Torno e Cubelas) contarán tamén con desfibriladores portátiles.
Pola súa parte, o alcalde, Alfonso Villares, destacou o esforzo do Concello en reforzar o número de efectivos “para garantir a seguridade de todas as persoas que anualmente fan uso das nosas praias e das nosas instalacións durante estes meses de verán”. A modo de exemplo, Villares lembrou que no ano 2008 o Concello contara con 8 socorristas, mentres que o pasado ano foron 10, “e agora, reforzámonos con 7 persoas máis, co único obxectivo de prestar un servizo de calidade e de garantía aos nosos bañistas” recalcou.
Os tres representantes municipais e o xefe de Protección Civil cervense lembraron por último que Cervo foi pioneiro na activación elaboración do seu propio Plan de Actuación Municipal de Salvamento en praias, cuxa redacción data do ano 2006.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



