Nota de prensa:
O BNG PROPUXO A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN PERMANENTE DE URBANISMO NO CONCELLO DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE A NEGACIÓN DO GRUPO DE GOBERNO A CONSTITUILA É UNHA SINAL CLARA DE QUE TODO CONTINUARÁ COMO ATA O DE AGORA.
Barreiros, 28 de xuño de 2011. No pleno de organización celebrado onte á tarde no Concello de Barreiros o BNG propuxo a creación dunha comisión permanente de urbanismo. Os nacionalistas consideran que “a negación do grupo de goberno a constituila é unha sinal clara de que pretenden que todo continúe como ata o de agora no Concello barreirense”.
Na sesión plenaria o alcalde deu conta, entre outras cuestións, da composición das comisións e das delegacións do goberno municipal que ostentarán as concelleiras e concelleiros do grupo municipal de goberno. Desde o BNG din que “a proposta presentada é continuista porque mantén a mesma composición e as mesmas delegacións que nestes catro anos”.
A portavoz do BNG no Concello de Barreiros, Ana Ermida, sinalou que “o Partido Popular segue mantendo a mesma composición tanto na comisión de goberno como na comisión especial de contas, polo que todo parece indicar que están satisfeitos co traballo realizado e que apostan por seguir nunha liña continuista da xestión realizada ata o de agora”. Neste sentido, desde o BNG agardan “que a xestión destes próximos catro anos sexa máis eficaz que a anterior e que as concelleiras e os concelleiros do grupo de goberno se adiquen, precisamente a iso, a gobernar. E, desde logo, a defender os intereses xerais das veciñas e dos veciños. Polo tanto, agardamos que esta continuidade amosada polo grupo de goberno non se reflicta no xeito de gobernar e que se mellore a eficacia do goberno barreirense”.
Ermida explicou que “o BNG propuxo que, ademais da obrigatoria comisión especial de contas, se creara unha comisión permanente de urbanismo. Sen embargo, na proposta da Alcaldía nin sequera se crea unha delegación de urbanismo, asumindo directamente na súa persoa esta área. Consideramos que o alcalde négase a dar participación a toda a Corporación en temas urbanísticos, non participando da xestión desta área nen sequera os seus propios compañeiros”.
O BNG de Barreiros cre que “unha situación urbanística como a deste concello require dunha comisión permanente na que se dea cumprida información das cuestións relacionadas co urbanismo en Barreiros a todos os grupos da oposición”. Ana Ermida, a portavoz nacionalista, subliña que “a situación urbanística de Barreiros require dun coñecemento real da situación por parte da Corporación: cun plan sectorial aprobado e pendente de aplicación, cun PXOM sen redactar e cun importante volume de contenciosos abertos no xulgado relacionados co urbanismo, é fundamental a creación dunha comisión plural para tratar todos estes temas”.
Dende o Bloque Nacionalista Galego insisten en que “esta actitude demostra que ao Partido Popular e a Alfonso Fuente non lles interesa que exista transparencia nos temas urbanísticos do Concello de Barreiros”.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



