Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DE BEIRARÚAS EN VILAR E PIÑEIRA REMATEN DESPOIS DO VERÁN. A ASIGNATURA PENDENTE DO NOVO GOBERNO MUNICIPAL, SEGUNDO O ALCALDE, SERÁ BUSCAR FINANCIACIÓN PARA CONSTRUIR UN PASO POR DEBAIXO DA VÍA DE FEVE NOS GARITOS.
Ribadeo, 27 de xullo de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que as obras de construcción de beirarúas en Vilar e Piñeira estean listas despois do verán. O rexedor subliñou o cambio de fisonomía que está a experimentar esa zona e dixo que a asignatura pendente do novo goberno municipal será buscar financiación para construir un paso por debaixo da vía de Feve para conectar Vilar coa parte máis urbana de Ribadeo.
Suárez Barcia dixo hoxe que “dentro destas magníficas obras nas que levamos xa tempo traballando aquí en toda a travesía urbana de Ribadeo, nestes tempos estáse a ver como está a cambiar a fisonomía da zona de Vilar, desta parte de Piñeira e cerca do que é o núcleo urbano de Ribadeo, pero que xa é Ribadeo a todos os efectos porque hai unha grande cantidade de talleres, de centros comerciais e hai moitísima xente que ía andando pola beiravía con certo perigo de aí que parte deste proxecto tamén estivese encamiñado a facer unhas aceras, como se están a facer, e que rematan prácticamente na rotonda de Dompiñor”.
O alcalde engadiu que “agora durante estes meses é cando estamos a atender con máis intensidade todas estas obras para que a finais deste verán estean completamente rematadas. Non é solamente o que se está a ver pola parte de arriba, unha beirarúa axeitada e dun ancho suficiente para que os peóns poidan pasear, senón que tamén se están a cambiar as tuberías de auga. As vellas tiñan un diámetro moi pequeniño de 75 milímetros que nos daba moitos problemas ás veces e agora pasamos a 200 milímetros para que queden perfectamente operativas para un futuro e que non teñamos que volver a romper as aceras”.
O rexedor sinalou que “agora despois destas obras quedaría pendente outra asignatura importante que é intentar buscar unha alternativa para poder facer un paso inferior por debaixo da vía de Feve na zona dos Garitos co fin de conectar o que é o Ribadeo urbano coa zona de Vilar desde o punto de vista peatonal, dado que agora non se pode cruzar a pesares de que poida haber xente que o estea a facer, pero está totalmente prohibido. É unha asignatura que ten este novo goberno municipal, buscar a financiación nun prazo razonable de tempo para poder facer este paso inferior da vía de Feve e conectar esas magníficas aceras que quedarán por Vilar coa parte máis urbana de Ribadeo”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



