Nota de prensa
CHAMAMENTO DA COMISIÓN FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA AOS VECIÑOS E VECIÑAS, ASOCIACIÓNS E PARTIDOS DE FOZ.
Nos últimos días téñense anunciado dúas medidas que van supoñer un grave deterioro da calidade da sanidade pública no noso concello: A supresión do servizo de noite da ambulancia da casa do mar, e a desaparición do actual servizo de urxencias polas tardes no Centro de Saúde, que pasa a ser atendido por médicos de cupo que deberán atender aos seus pacientes e mais aos de urxencias.
Dúas medidas que representan unha agresión máis aos intereses dos veciños, porque ademais de negarnos as urxencias as 24 horas no Centro de Saúde, pretenden agora recortar dous servizos que xa tiñamos, e que tanto nos custou a todos conseguir.
Diante disto, A Comisión convócavos a asistir á concentración que terá lugar o sábado, dia 03 de setembro, as 12 da mañá na Avenida da Mariña, para reclamar estes servizos que se nos negan.
Non hai lugar para o desánimo: se loitamos podemos perder, pero se non loitamos estamos perdidos!
É o momento de estarmos unidos para defendermos a sanidade pública no noso concello.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



