Nota e prensa
NOVIDADE EDITORIAL
AGOSTO-SETEMBRO, 2011
MIGUEL VILA DESCUBRE OS TESOUROS CULINARIOS DA PROVINCIA DE LUGO
?
Trátase do segundo tomo da Guía secreta da gastronomía de Galicia que Alvarellos Editora puxo en marcha en 2010.
Tras a publicación do volume dedicado a Ourense, elaborado polo chef Martín Álvarez (Premio Gourmand 2010 á “Mellor viaxe gastronómica” e libro finalista dos Premios da Edición de Galicia 2010), a Guía secreta da gastronomía de Galicia continúa o seu percorrido. Agora, pola provincia de Lugo. Nesta segunda entrega, a provincia máis extensa do país revélanos, da man do experto gastrónomo Miguel Vila, os seus tesouros culinarios: produtos, receitas, costumes máis xenuínos e lugares onde atopar toda unha identidade gastronómica, tantas veces descoñecida ou infravalorada por propios e foráneos.
A guía detense nalgúns dos mellores pans do país (Ousá, Mondoñedo, Martiñán…), en queixos de tres denominacións de orixe (San Simón, Arzúa-Ulloa e O Cebreiro) con outros menos populares e igual de xenuínos. Descúbrenos así mesmo como medir a gradación no picante dos pementos de Mougán ou fálanos de variantes antigas de patacas que aínda se sementan como a cazona ou a habanera.
O autor viaxa polas peculiares receitas luguesas como as sardiñas arenques, o pato ao estilo Ribadeo, o bonito en rolo, os chanfainos ou chouláns, e recolle todo o universo da matanza.
Remata, como non, coas sobremesas e sona, (como as tortas de Mondoñedo, Portomarín ou Guitiriz) e outros menos coñecidos como a colineta, cos renacentes viños do sur (da Ribeira Sacra) e as augardentes (Portomarín ou Quiroga).
Seis amantes da boa cociña completan este brillante traballo de Miguel Vila: o cociñeiro Iago Castrillón, os xornalistas Manuel Gago e Santiago Jaureguizar, o escritor Xabier P. DoCampo, a presidenta da Asociación de Sumilleres, Mercedes González, e a escritora Helena Villar Janeiro. Cada un deles revélanos un secreto gastronómico lugués moi suculento.
O AUTOR
MIGUEL VILA PERNAS naceu na Habana en 1958, fillo de galegos emigrantes, e reside en Galicia dende 1961. Estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e nos últimos anos desenvolve un traballo periodístico de investigación e divulgación da cociña e gastronomía galegas a través dos medios de comunicación —entre eles
Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela | T 981 522 137 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela | T 981 522 137 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
destaca o blog gastronómico www.colineta.com, que o autor puxo en marcha en 2005— e coas súas publicacións escritas. Numerosos e prestixiosos premios acreditan a súa brillante traxectoria. É autor de seis libros de materia culinaria: A cociña de Entroido e San Xoán (2006), Premio Gourmand; A cociña do Merlín (2005), Premio Álvaro Cunqueiro; Caldeirada para dous (mortos) (2003), Premio Álvaro Cunqueiro; Dicionario galego de gastronomía (1999), Guía Gastronómica de Santiago (2008) e o conto infantil Hora de comer (2007). Así mesmo, obtivo o Premio Alimentos de España do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na modalidade de mellor labor informativa continuada relacionada cos “Alimentos de España”, polos artigos publicados no diario El Progreso ao longo do ano 2005.
FICHA TÉCNICA
Título: Guía secreta da gastronomía de Galicia: Lugo
Páxinas: 152
PVP: 16 €
Medidas: 18×18 cm
Idioma: galego
Data de publicación 1ª edición: agosto 2011
ISBN: 978-84-89323-69-8
Encadernación: tapa branda plastificada con lapelas
Colección: “A lume lento”
?
Para contactar co autor: info@colineta.com, 650 697 491
?
+ info na web: alvarellos.info





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



