Nota de prensa
4 de agosto de 2011. A aplicación en Galiza da Lei 4/2007 de desenvolvemento sostible do medio rural está a ser, como pouco, bastante irregular. Un dos piares desta lei é a participación pública directa através dos Consellos de Zona, que deciden o destino de millóns de € de fondos europeos. Ás administracións isto da participación pública prodúcelles alerxia: para gastar os cartos teñen que contar obrigadamente, ademáis dos concellos, coas organizacións do rural (agro, gandería, forestal…) e por suposto, cos colectivos ambientalistas. Esta obrigada transparencia é unha garantía contra o clientelismo co que algunhas administracións síntense moi cómodas. A Xunta pretende agora adxudicar a toda présa, através do AGADER, millóns de euros nos Planos de Zona sen o concurso das asociacións ambientalistas, e para actuacións tan peregrinas como rotondas, paseos marítimos, beirarrúas e mesmo xeriátricos. Xa o dixo o conselleiro Juárez: a desaparición do rural é inevitable, polo tanto, para que investir en iniciativas produtivas e sustentábeis?
Os colectivos ecoloxistas xa denunciamos o escaso interese da Xunta por desenvolver a participación pública efectiva através dos consellos de zona: o AGADER deu memos de 2 semanas para que os grupos ecoloxistas (a cuxa listaxe completa só a administración ten acceso) consensuaramos os representantes. Nalgúns casos, as comunicacións para a súa elección chegaron aos GDRs dous días antes da data límite para envialas, o que provovou tamén as protestas de alcaldes e organizacións sectoriais.
Con todo, ADEGA a FEG enviamos en tempo e forma as designacións ecoloxistas para cada unha das 12 zonas, que finalmente a consellaría deixou desertas. E sen máis dilación, comezaron a chover centos de proxectos do máis variopinto para aproveitar unha das últimas oportunidades de captar o “maná” de Europa. Moitos destes proxectos poñen de manifesto a intención da Xunta de converter o “desenvolvemento rural sostible” nun instrumento ao servizo da súa política clientelar e dos concellos de utilizalo como “caixa B” para realizar as obras e servizos máis variopintos.
Rotondas, paseos marítimos, bairarrúas, coches de policía, piscinas climatizadas, cámpings, reposición do parquet de polideportivos, banda ancha para estacións de esquí… aparecen baixo o paraugas dunha suposta “sustentabilidade” do medio rural, para ser concedidos dixitalmente a concellos e entidades diversas, a maioría sindicatos agrarios e asociacións profesionais.
Porén, chama a atención o feito de que determinadas entidades privadas, como Silvanus, Afrifoga ou Asefoga (sector forestal) propoñan por exemplo a elaboración dos instrumentos de ordeación das áreas de interese paisaxístico consagradas na Lei 7/2008 da protección da paisaxe de Galiza, ou facer os planos de conservación e de ordeamento de espazos e recursos naturais da Rede Natura 2000 (estes últimos por un montante total de 2.800.000€ ao ano en 4 anos), un labor que compete únicamente á administración. É como poñer ao raposo a coidar do galiñeiro!
Dende ADEGA preguntámonos se Conservación da Natureza, agora dependente de Medio Rural, renunciou definitivamente a cumprir co mandato legal de redactar e poñer en marcha os instrumentos de xestión dos espazos protexidos a favor das asociacións forestais, do mesmo deito que fixo coa xestión das especies cinexéticas coas de cazadores. De ser así, ademáis de certificar a inutilidade da administración ambiental galega, a Xunta estaría sendo cómplice dunha inmensa fraude no desvío de fondos europeos a entidades privadas para realizar funcións reservadas só á adminstración, ademáis de fomentar o uso clientelar destes cartos para tapar o buraco orzamentario de moitos concellos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



