Nota de prensa
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA A CREACIÓN NA VELLA FÁBRICA DE ALGAS DA VILAVELLA DUN CENTRO DE RECURSOS AMBIENTAIS (CRA) E PARA DOTAR A PRAIA DE AS CATEDRAIS E O SEU CONTORNO DUN PLAN DE ACTUACIÓN
Mª del Campo López Braña Freije, Concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribadeo, en nome e representación do mesmo e ó amparo do establecido nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidos na seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Que a riqueza natural do territorio do Concello de Ribadeo no seu conxunto, e de xeito especial o contorno da Ría de Ribadeo e de A Praia de As Catedrais, constitúe un tesouro ecolóxico merecedor da maior protección e sensibilidade no seu coidado tanto polas distintas Administracións Públicas como pola cidadanía en xeral, ven avalado polo feito de térselles recoñecido nacional e internacionalmente:
A Ría de Ribadeo:
* Zoa de especial protección para as Aves (ZEPA)
* Humedal de Importancia Internacional al amparo del Convenio RAMSAR
* Humidal Protexido Ría do Eo
A Praia de As Catedrais:
* Lugar de Interese Comunitario (LIC)
* Monumento Natural da Praia das Catedrais
Ao que hai que engadir que dende o ano 2007 o Concello de Ribadeo, xunto con outros catorce concellos das CC.AA. de Galicia e Asturias, forma parte do territorio declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a resultas do que o 28 de xaneiro deste ano susciribiuse entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino maila Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia un convenio de colaboración para a execución de actuacións de apoio ao desenvolvemento sostible da Reserva, sendo o seu obxeto compatibilizar os obxetivos do desenvolvemento socioeconómico e de conservación e respecto do patrimonio natural, e mellorar o grao de cumprimento dos fins das Reservas da Biosfera seguindo as directrices e orientacións contidas na Resolución da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga de 16 de xunio de 2010.
Todos estes recoñecementos fan de Ribadeo un punto de referencia internacional no que se refire á protección do medio natural e da biodeversidade, que esixe do noso Concello impulsar a elaboración e aprobación dun Plan de Ordenación e Promoción dos Recursos Turísticos medioambientais, que garanta a conservación do medio natural co apreveitamento sostible dos recursos naturais.
Neste contexto os Concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular, conscientes de que non existe unha posibilidade de desenvolvemento integral para un territorio sen a unión das súas xentes, e de que calquera iniciativa de progreso solidario ten que estar protagonizada polo conxunto dos homes e mulleres nela involucrados e que aquí están representados por todos e cada un dos Grupos Municipais, someten á consideración do Pleno da Corporación a aprobación dos seguintes acordos:
* PRIMEIRO.- Solicitar do Goberno Central a creación dun CENTRO DE RECURSOS AMBIENTAIS (CRA), con sede na vella fábrica de algas (actualmente en rehabilitación) sita na ensenada da Vilavella, como centro multidisciplinar que integrará funcións de interpretación da natureza coas de formación, información e sensibilización cidadá cos valores medioambientais.
* SEGUNDO.- Propor ás distintas Administracións Públicas implicadas (Concellos, Xunta de Galicia, Principado de Asturias, e Ministerio de Medio Rural e Medio Ambiente e Mariño) que o CRA albergue a SEDE PERMANENTE DA RESERVA DA BIOSFERA Río Eo, Oscos e Terras de Burón dende o que se informará á poboación sobre os valores da Reserva e buscarase a súa participación no desenvolvemento da mesma.
* TERCEIRO.- Instar dos Gobernos Autonómicos de Galicia e Asturias a creación dun ÓGANO XESTOR DA RESERVA DA BIOSFERA Río Eo, Oscos e Terras de Burón, na que estean debidamente representados os Concellos.
* CUARTO.- o Concello comprométese a xestionar a construcción dunha PÁXINA WEB dende a que se ofreza información actualizada tanto sobre os territorios incluidos na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e os seus recursos naturais e paisaxísticos, como sobre a Praia das Catedrais.
* QUINTO.- O Concello recabará a colaboración das outras Administracións Públicas para dotar A PRAIA DE AS CATEDRAIS E AO SEU CONTORNO (Praias de Esteiro, As Illas e Os Castros) DUN PROGRAMA DE ACTUACIÓN que permita garantir a sostibilidade ambiental do espacio, mitigando os problemas xerados no contorno polo Uso Público, restaurando as zonas degradadas pola acción humana, a cuio efecto levaránse a cabo, entre outras, as seguintes actuacións:
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
* CENTRO DE RECEPCION DE VISITANTES.- O Concello comprométese a realizar as xestións necesarias para dotar a Praia das Catedrais cun Centro de Recepción de Visitantes dende o que, durante os periodos vacacionais, ademáis de facilitar información (Guías Didácticas, Folletos, Posters, Paneis Informativos, …) relativa tanto aos recursos naturais e medioambientais da zona, como aos recursos turísticos de Ribadeo e Comarca, horarios de mareas, previsións metereolóxicas, servicios de salvamento e socorrismo, …. se levará a cabo a xestión ordeada de visitas guiadas ás praias …
* APARCADOIRO PÚBLICO PARA VEHÍCULOS.- O Concello comprométese a realizar as xestións necesarias para dotar a Praia de As Catedrais e ao seu contorno, xa sexa en réximen de aluguer xa por compra-venta, dun aparcadoiro publico para vehículos, que deberá cando menos estar situado a uns 500m da liña de costa, e dende o que se habilitarán pasos peonis para achegarse á praia.
En todo caso, O Concello en colaboración e coordinación con outras Institucións garantirá o cumprimento tanto polas Autocaravanas como por outros vehículos pesados da obriga de non estacionar no contorno das Praias.
* SERVICIO DE POLICÍA E VIXIANZA NAS PRAIAS E O SEU CONTORNO.- O Concello recabará a colaboración doutras Institucións para garantir, a través dun servicio de salvamento e socorrismo axeitado en colaboración coa actuación da Policía Local e doutras Forzas e Corpos de seguridade, a protección e seguridade das persoas tanto na praias como no seu contorno, asi como o respecto e a protección do medio no uso público.
* DELIMITACIÓN DE SENDEIROS.- O Concello recabará a colaboración doutras Institucións (Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, e Universidade de Santiago) para delimitar, coa señalitica axeitada, sendeiros destinados ó tránsito dos visitantes, tendo especial sensiblidade para facilitar a accesibilidade á Praia das persoas con movilidade reducida.
O Concello xestionará ante a Administración pública competente a execución dun sendeiro peonil que una a Praia de Esteiro coa das Illas e a de Os Castros.
Igualmente, o Concello esixirá da Administración competente a execución das obras necesarias para amañar o acceso peonil á Praia das Illas, así como a viabilidade de execución dun acceso integrado no medio que permita o acceso á Praia de Os Castros pola zona do oeste.