ADEGA vén de denunciar a existencia de determinadas “instrucións técnicas” no servizo de Conservación da Natureza da Coruña con criterios e procedementos para autorizar actividades que comprometen a conservación de hábitats e especies protexidas. Rozas de matogueiras, talas de bosques de ribeira, avaliación de parques eólicos ou actividades deportivas sobre hábitats protexidos despáchanse mediante estas instrucións, moitas veces con criterios contrarios á conservación, mesmo aos recolidos no Plano de Director da Rede Natura 2000. Ademáis, as “instrucións” non figuran publicadas en ningún boletín oficial, carecendo portanto de validez legal. Aplicando estas normas “alegais” a Xunta está a autorizar talas de bosque de ribeira, rozas e queimas de breixais protexidos, circulación de quads e todoterreos sobre dunas e turbeiras, sendo ademáis a excusa perfecta para eludir a tramitación ambiental de ducias de parques eólicos.
Cada instrución técnica da Xunta, nun pulcro español, establece criterios de avaliación e de xestión que serían máis acaídos dun Regulamento ou Orde, pero non dunha instrución. Modificar através deste instrumento o alcance dunha Directiva (de Hábitats, de Aves…), Lei (de Conservación da Natureza, da Biodiversidade) ou Decreto (de especies ameazadas, por exemplo) é unha acción fraudulenta que podrería beirar a prevaricación. Atendendo ao artigo 21 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, estas as instrucións deberían estar cando menos publicadas nun boletín oficial. En consecuencia, todas elas carecen de validez legal. Quen as aplique podería estar cometendo unha ilegalidade, sendo igualmente ilegais e nulas todas as autorizacións e intervencións realizadas baseándose nestas instrucións.
Precisamente, no tocante aos parques eólicos (312 Kb) os criterios formulados na instrución en ningún momento aseguran o mantemento dos hábitats, das especies ou da paisaxe. Estan formulados para eludir a necesidade de realizar estudos de impacto e permitir a construción de parques en calquera parte, mesmo na Rede Natura ou nun Parque Natural ou Nacional. .
A instrución sobre as matogueiras (285 Kb) semella destinada a eludir a protección que estes tipos de hábitats (moitos deles prioritarios) teñen na Directiva 92/43 CEE. Mesmo pódense autorizar desbroces sobre hábitats con presenza de flora vulnerábel ou en perigo de extinción como os endemismos Santolina melidensis, Armeria merinoi, Iris boissieri, Eryngium viviparum ou Leucanthemum gallaecicum. Trátase de dar prioridade á explotación destes recursos fronte á súa conservación. A consecuencia: unha importante perda de superficie destes hábitats en moitos LICs da Coruña, como a Serra do Careón, O Forgoselo, a Costa Artabra ou a Costa da Morte.
ADEGA descoñece se estas “instrucións” estanse a aplicar tamén fóra da Coruña. En todo caso, os responsábeis de conservación da Xunta deberían clarexar os seguintes estremos: Cantas “instrucións técnicas” destas hai, sobre que aspectos e en que provincias? Quen é o autor/es, con que autoridade actuaron e que organismos científicos foron consultados? Foron autorizadas polos responsábeis da Dirección Xeral de Conservación da Natureza? Comunicouse á Unión Europea que se están a aplicar?. Por que non se recolleron no Plano Director da Rede Natura? Os redactores deste Plano Director coñecían estas instrucións?.
ADEGA esixe á Dirección Xeral de Conservación que de entrada, anule a aplicación destas “instrucións técnicas” e incoe os oportunos expedientes para depurar responsabilidades. Non é de recibo que a Xunta, con actuacións coma esta, estese a convertir no principal axente de degradación do noso patrimonio natural.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



