Nota de prensa
BALANCE DOS PRIMEIROS MESES DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP EN BURELA: NULA XESTIÓN E NINGÚN PROXECTO NOVO
De nula xestión e ningún proxecto novo para o noso pobo cualificamos, dende o BNG, a actuación do equipo de goberno do PP en Burela nestes primeiros meses de mandato. E unha proba disto é o contido do Pleno Municipal que se celebrou este xoves: despois de máis de tres meses de goberno, o PP de Burela só é quen de presentar tres cuestións de mero trámite ou simples declaracións de intencións que dan mostra da súa nula capacidade de xestión e ningún traballo polo noso pobo.
En máis de tres meses de goberno, o PP só é capaz de presentar para aprobar no Pleno tres asuntos: o nomeamento, a efectos administrativos do catastro, de varios camiños do pobo, un modelo de regulamento para crear un Consello da Xuventude en Burela (que non foi consensuado nin participado con ningunha asociación do pobo, excepto coas Novas Xeracións do seu partido) e propoñer iniciar os trámites para a declaración da zona xeolóxica do Perdouro como Espazo Natural de Interese Local (un acordo que xa aprobaramos no anterior goberno municipal e que agora o PP propón ratificar sen aportar nada novo, sen presentar sequera unha proposta de plan de actuacións).
E nada máis. Esta é a xestión que demostra o PP de Burela dende que está gobernando. Porque, ao longo do verán, o único que vimos que fixera o novo equipo de goberno foi visitar as obras que se están realizando con cargo ao Plan extraordinario da Deputación e que xa deixaramos tramitadas o anterior goberno. Iso, ademais de anunciar que van cobrar polas actividades para as mulleres e para os maiores (porque son incapaces de xestionar novos recursos económicos) e continuar coas escusas de que non hai cartos para non facer nada (unha desculpa que, día si e día tamén, utiliza o PP na Xunta de Galiza e noutras comunidades do Estado para encubrir os graves recortes sociais que está levando a cabo). Porque, non é de recibo que o PP de Burela se queixe do estado das contas do noso concello cando os números que o anterior equipo de goberno deixamos no mes de xuño deste ano son moitísimo máis positivos que a herdanza que o PP nos deixou no ano 2007 (e proba disto é que o PP aprobou a Conta Xeral que presentamos como balance do ano 2010; se tanto desfase había, como din eles, porque votaron a favor?)
En resumo, temos un Alcalde que vai cobrar preto de 50.000 € ao ano e outros dous concelleiros con dedicación exclusiva que presentan este balance de traballo despois de máis de tres meses: ningún proxecto novo, ningún proxecto ilusionante de futuro para Burela que cree emprego e ningunha xestión que xenere ingresos para o concello. Pero si empezar a cobrar por todo e mentir sobre as contas municipais que eles mesmos aprobaron.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



