Nota de prensa
ADEGA SOLICITA AO CONCELLO DE BARREIROS E Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE A REVISIÓN POR NULIDADE DE PLENO DEREITO DA LICENZA URBANÍSTICA RECOÑECIDA A CONSTRUCCIONES Y PROMOCIONES J. DIAZ FERNÁNDEZ NA ZONA DE SAN BARTOLO
Lugo, a 20 de Outubro do 2011.- Se a ilegalidade e arbitrariedade foi norma común na concesión de licenzas urbanísticas no concello de Barreiros durante os anos 2006 e 2007, poucas poden acumular tanta ilegalidade e arbitrariedade coma esta licenza a favor de CONSTRUCCIONES Y PROMOCIONES J. DIAZ FERNÁNDEZ (un dos socios máis activos da Asociación de Promotores de Barreiros), na zona de San Bartolo, que a Xunta de Goberno do concello de Barreiros, en reunión do 30/12/2009, recoñece de forma expresa que ten sido adquirida por silencio administrativo.
As ilegalidades:
Unha licenza de edificación sobre solo urbano non consolidado (por aplicación directa da Lei 9/2002, ao non estaren adaptadas as NN.SS á Lei do solo 1/1997 e pasaren xa os tres anos para a revisión de ditas normas) que lle é recoñecida sen contar a parcela cos servizos urbanísticos de viais, abastecemento, saneamento, subministro eléctrico e zona dotacional mínimos que requiren os artigos 12 e 16 da citada Lei 9/2002;
Un licenza de edificación que, á marxe de calquera outra advertencia de ilegalidade, de ningunha forma pode ser adquirida por silencio administrativo dende o memento que conta con informe xurídico DESFAVORABLE por sobrepasar a edificabilidade da zona de solo urbano ND de núcleo diferenciado;
Unha licenza que a Xunta de Goberno do 30/12/2009 recoñece que ten sido adquirida por silencio administrativo positivo, a pesar de estar afectada de forma explícita pola paralización de novas edificacións do Decreto 15/2007, polo que a Xunta de Galicia decreta a suspensión das Normas Subsidiarias de Barreiros, e non ter sido outorgada con anterioridade ao inicio de expediente de suspensión das NN.SS (15/11/2006, DOG 21/11/2006) nin ter transcorridos, para poderse acoller ao silencio administrativo, os tres meses que esixe a Lei dende a presentación da documentación completa ata o inicio do antedito expediente de suspensión das NN.SS de Barreiros (proxecto modificado entregado no concello de Barreiros, o 30/12/2006, só quince días antes do inicio do expediente de suspensión);
Unha licenza urbanística que expresamente se recoñece adquirida por silencio administrativo cando as novas construcións veñen a ocupar o dominio público e zona de policía do rego de Lopo sen contar, por parte de AUGAS DE GALICIA, con título concesional algún para uso privativo do dominio público nin tampouco autorización para ocupación da zona de policía, o cal impide que a licenza puidera ter ser outorgada;
Unha licenza urbanística sobre un parcela que se apropia de parte do solo municipal sobrante da chamada “Zona veraniega de San Bartolo”, sen que o Concello, -a pesares das reiteradas denuncias-, nada teña feito por, tan sequera, investigar a orixe da discrepancia entre a extensión da parcela que consta nos rexistros do Catastro e da Propiedade e a sobreextensión da parcela declarada polo promotor, incumprindo desta maneira manifestamente a Lei 33/2003, polo que se aproba o Regulamento dos Bens das Entidades Locais, e máis a Lei de Administración Local de Galicia que obrigan ao Concello a adoptar cantas medidas sexan precisas para a defensa dos seus bens patrimoniais e de dominio público;
A vista de calquera destes argumentos, a licenza resulta totalmente contraria á lexislación e ao planeamento urbanístico e, polo tanto, nin podía ser outorgada nin tampouco adquirida por silencio administrativo, co cal resulta evidente que estamos ante un ACORDO e ante unha LICENZA URBANÍSTICA que son ACTOS NULOS DE PLENO DEREITO QUE A ADMINISTRACIÓN ESTÁ OBRIGADA A REVISAR, ADOPTANDO, AO RESPECTO, AS MEDIDAS CAUTELARES QUE CORRESPONDAN.
En opinión de ADEGA, este recoñecemento expreso do silencio administrativo que fai a Xunta de Goberno do concello de Barreiros o mesmo que o informe da Arquitecta Municipal certificando que a parcela conta con todos os servizos urbanísticos mínimos cando sen embargo lle está a solicitando a cesión de solo para viais ou negando a existencia de tal rego de Lopo cando o mesmo promotor se tiña visto obrigado a solicitar autorización de Augas de Galicia (BOP de 18/04/2009) para autorización do cambio de trazado e de entubado do rego de Lopo, non ven mais que a demostrar a inaceptable connivencia entre promotores, responsables municipais e arquitecta municipal no outorgamento de todas estas licenzas de edificación.
Á vista de licenzas coma esta entendemos que o Ministerio Fiscal ten que implicarse plenamente, sen deixarse presionar polo poder político, na investigación de todos estas ilegalidades urbanísticas, porque elas implican a desaparición completa do Estado de Dereito: se estas licenzas chegan a consolidarse, pode a Xunta desmantelar xa definitivamente a Axencia de Protección da Legalidade urbanística de Galicia e máis os servizos de inspección urbanística, porque carecerán de toda autoridade moral para perseguir calquera infracción en materia de urbanismo por grave que sexa , e pode tamén desmantelar toda a estrutura de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas porque chegaría a arbitrariedade do Sr. Hernández para decidir sobre a legalidade e ilegalidade das obras solicitadas.
Á vista dos antecedentes vistos ata agora, nada confía ADEGA en que o concello de Barreiros vaia a aceptar esta solicitude de REVISIÓN por NULIDADE DE PLENO DEREITO. Á vista do Plan Sectorial para a legalización de todas estas licenzas urbanísticas ilegalmente outorgadas e á vista da retirada por parte do Consello da Xunta dos contenciosos-administrativos contra de tais licenzas, tampouco nada confía ADEGA na na Consellería do medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por iso, anuncia que se envía copia desta solicitude de Revisión ao Ministerio Fiscal para que este , á vista dos feitos expostos, proceda á investigación exhaustiva dos mesmos por se fosen constitutivos dalgún delito de prevaricación, corrupción, falsidade documental e contra a Facenda Pública.
E en relación a estas denuncias ante o Ministerio Fiscal, se dende a Asociación de Promotores de Barreiros se argumenta que o levantamento da paralización permitiría a recuperación de moitos postos de traballo, dende ADEGA reclamamos que estes postos de traballo se creen nas Fiscalías de Mondoñedo, de Lugo e de Galicia en xeral para así axilizar a imprescindible investigación de todas estas mostras de corrupción que van dende o concello de Barreiros ata a consellería do Sr. Hernández.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



