Nota de prensa:
Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na IV Limpeza Simultánea de Ríos
ADEGA e Proxecto Ríos organizan un ano máis a IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS, mobilizando a máis de 50 entidades pola defensa dos nosos ríos
(Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2011) O sol brillou nunha xornada onde moitas e moitos foron os que pasaron a mañá do domingo mollándose polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, grupos de nenos e nenas e de maiores, grupos en grandes ríos, e grupos en pequenos regatos. Pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo.
Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron sobre todo os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos), apareceron tamén rodas de automóbiles, defensas de coches, lunas e asentos. Houbo quen sacou até unha moto vella que levaba anos no fondo do río. Os electrodomésticos non faltaron, e tamén algún tellado de uralita, televisións, roupa… Algúns voluntarios foron capaces de sacar do río unha valla publicitaria, mentres que outros conseguiron extraer o cartaz dunha discoteca pechada hai máis dunha década. A nota necrolóxica deuse en Compostela onde se sacou unha bolsa con varios cadeliños mortos.
Todo isto e de seguro moito máis está no fondo e nas beiras dos nosos queridos ríos. Ano tras ano voluntarios e voluntarias invirten o seu tempo nesta xornada de voluntariado ambiental. Este ano aumentou o número de participantes, o que nos fai ver que cada día hai máis xente concienciada, con ganas de axudar e cambiar as cousas. Porén o triste é que sempre hai lixo que sacar. Oxalá nun futuro non haxa necesidade de organizar estas limpezas.
Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman un total de 10 toneladas, pero debemos lembrar o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta. Os ríos non son vertedoiros, e hoxe débese fomentar o uso dos puntos limpos. Cada quen pode recapacitar ante esta situación e tamén reducir o seu consumo de plástico, utilizando botellas reutilizables de materiais alternativos, usar bolsas de tea, e mellorando cada día un chisco deste mundo maltratado.
Dende ADEGA e Proxecto Ríos agradecemos o tempo e dedicación de todos os colectivos implicados na coordinación da limpeza na súa zona. Agradecer tamén aos concellos o compromiso na conservación dos ríos que regan os seus municipios, especialmente os concellos que apoiaron esta limpeza que foron: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pobra de Trives, Pontecesures, Pontevedra, Redondela , San Sadurniño e Valga.
Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Para esta actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Pero sobre todo e ante todo queremos agradecer o traballo de todas as persoas que onte se meteron no río para limpalos, e axudar entre todos a denunciar e solucionar este gran problema. Sen vós isto non sería posible. Moitas Gracias!!
|
concello |
grupo |
Nº voluntarias/os |
Kg retirados |
Río |
|
A Estrada |
Asoc. A Xesteira Asoc. pola Defensa do Val do Liñares Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo) |
6 |
70 |
Ulla |
|
7 |
200 |
Liñares |
||
|
8 |
200 |
Regato do Merla |
||
|
A Merca |
Asoc. Xuvenil Xoldreira |
12 |
110 |
Arnoia |
|
Arbo |
Concello de Arbo |
9 |
75 |
Cea |
|
Arteixo |
ADEGA Coruña |
12 |
200 |
Bolaños |
|
Arzúa |
ADEGA Alto Ulla Concello de Arzúa Asoc. de pescadores amigos do Iso |
13 |
300 |
Bolaños |
|
Caldas de Reis |
Asoc. Cultural Xesús González Aboi |
15 |
200 |
Bermaña |
|
Cambre |
Oficina de voluntariado do concello de Cambre |
Farán a limpeza o domingo día 9 |
||
|
Carnota |
ADEGA Costa da Morte |
5 |
50 |
Vadebois |
|
Compostela |
ADEGA Compostela |
32 |
500 |
Sarela |
|
Cospeito |
Asoc. Revolta Natural |
4 |
80 |
Tamoga |
|
Cuntis |
Asoc. Cultural “O Fervedoiro” |
17 |
400 |
Gallo |
|
Fene |
AETNA |
14 |
300 |
Codavo |
|
19 |
300 |
Vaa |
||
|
Forcarei
|
Asoc. Mozos de Forcarei C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras A Hortiña da Ponte Asoc. Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” |
6 |
50 |
Lérez |
|
Lalín |
Concello de Lalín |
10 |
20 |
Asneiro |
|
Lugo |
ADEGA Lugo |
15 |
1200 |
Rato |
|
Mañón |
Asoc. Cultural Barqueirock |
Pendiente confirmar datos |
||
|
Meira |
GEM (Grupo Ecoloxista de Meira) |
Pendiente confirmar datos |
||
|
Melide |
Asoc. De Pescadores do Río Furelos |
5 |
100 |
Regato de Vilabor |
|
Moraña |
Asoc. Cultural “O Arrieiro” |
7 |
80 |
Regueiro das Pontellas |
|
Muxía |
Concello de Muxía |
2 |
40 |
Negro |
|
Neda |
Asoc. Social Néboa |
Farán a limpeza o domingo día 9 |
||
|
Nigrán |
APERTA |
2 |
150 |
Muiños |
|
Ordes |
ADEGA – Ordes |
7 |
250 |
Cabrón |
|
Ponteareas |
Plataforma pola defensa do Tea |
19 |
600 |
Tea |
|
Ourense |
Asoc. de Veciños San Breixo de Seixalbo ADEGA – Ourense |
20 |
200 |
Barbaña |
|
Pontecesures |
Concello Pontecesures |
Farán a limpeza o domingo día 9 |
||
|
Pontevedra |
Vaipolorío Fundación Juan XII ADEGA-Pontevedra |
21 |
300 |
Gafos |
|
Redondela |
Concello de Redondela |
16 |
350 |
Alvedosa |
|
Ribadumia |
Colectivo Ecoloxista do Salnés |
21 |
1000 |
Umia |
|
Salceda de Caselas |
Asoc. Trezecatorze |
14 |
80 |
Caselas |
|
San Sadurniño |
Concello San Sadurniño |
23 |
500 |
Río Grande de Xuria |
|
Trives |
AMPA O recreo |
29 |
300 |
Cabala |
|
Valga |
Concello Valga |
11 |
500 |
Valga |
|
Vigo |
ADEGA Vigo |
15 |
300 |
Lagares |






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



