Nota de prensa:
DÍA: MARTES 4 DE OUTUBRO
LUGAR: Parlamento de Galicia
COMISIÓN 4ª SOBRE ORDENACIÓN DO
TERRITORIO, OBRAS PÚBLICAS
E SERVIZOS
HORA: Á partir das 10.00 horas
BALSEIRO PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE AS XESTIÓNS DESENVOLVIDAS POLO CONCELLO DE VIVEIRO DIANTE DA XUNTA EN RELACIÓN COA REHABILITACIÓN DO CELEIRIÑO
Achego copia da iniciativa parlamentaria rexistrada:
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol e Jaime Castiñeiras Broz deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no Artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
En outono do ano 2008 os veciños do barrio do Celeiriño, sito no concello lucense de Viveiro, observaron como a medida de que crecía un gran burato na cimentación dun bloque de vivendas contiguo, os seus fogares sufrían danos, gretas, roturas nas súas estruturas, ata chegar a unha situación de risco cerco de derrubo que obrigou á evacuación de moitas das vivendas deste barrio e ao reacollo dos seus propietarios.
Os devanditos danos parecen ser consecuencia directa das obras de construción dun edificio con garaxes e dun muro de contención executadas nun solar contiguo ás vivendas afectadas. A edificación contaba cunha licenza outorgada pola Xunta de Goberno Local, baixo a presidencia do alcalde socialista Melchor Roel, todo a pesar de que se suscitaban dúbidas sobre a idoneidade dos traballos executados, a súa adecuación coa legalidade urbanística e respecto do rigor co que o Concello efectuou a vixilancia e seguimento das obras de edificación, que levaron ao derrube de practicamente todo un barrio.
Tres anos despois do acontecido moitos dos veciños desaloxados están á espera de volver ás súas vivendas -aqueles que así poidan facelo-, Esta situación de pendencia produce un lóxico desacougo entre a veciñanza e respecto do futuro das vivendas en risco de derrube.
O Goberno galego vén de ofrecer en múltiples ocasións a súa máxima disposición a colaborar co Concello de Viveiro e con outras administracións na procura dunha solución a estes problemas. O Instituto Galego de Vivenda e Solo xa indicou que a solución máis acaída é a declaración dunha área de rehabilitación integral, cuxa solicitude debe presentar o Concello.
Esta declaración da ARI permitiría aos propietarios das vivendas do Celeiriño acceder non so ás axudas financiadas pola Xunta de Galicia senón tamén ás do Estado, ao tempo que permitiría ao concello de Viveiro facer obras de mellora, urbanización e reurbanización do barrio tamén con axudas autonómicas e estatais.
A normativa que rexe á declaración de áreas de rehabilitación, figura incluída no Plan de Vivenda, indica que a declaración é competencia da Xunta de Galicia, pero que corresponde ao concello presentar previamente a solicitude de declaración. Polo momento, e segundo ten transcendido, o IGVS non recibiu solicitude algunha do concello de Viveiro respecto da declaración da área de rehabilitación do Celeriño, nin tampouco ningún tipo de axuda configurada dentro do programa de Cédula de Rehabilitación.
Tampouco existe constancia do cumprimento, por parte do Concello de Viveiro, do acordo do seu Pleno Municipal que, aprobado por unanimidade o 28 de setembro de 2009 obrigaba á Álcaldía a “emprender as accións legais e aboar ó IGVS o importe da indemnización que no seu caso se perciba por parte dos causantes dos danos, co límite dos importes aboados con cargo aos presupostos da Comunidade Autónoma ao amparo da declaración de emerxencia do Barrio do Celeiriño”..
Co obxecto de corroborar todos estes feitos e analizar as xestións a desenvolver para requirir unha solución próxima e certa aos problemas que xurdiron, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:
1.-) ¿Ten constancia a Xunta de Galicia da situación descrita e, nomeadamente, da pendencia na recepción das axudas comprometidas aos veciños do Celeiriño para colaborar na rehabilitación das súas vivendas?
2.-) ¿Comunicou o IGVS ao Concello de Viveiro a idoneidade de acollerse á declaración dunha área de rehabilitación para as vivendas afectadas do barrio de Celeiriño? De ser así, ¿cando?, ¿con que resultado?
3.-) ¿Ten constancia das razóns polas que a Alcaldía de Viveiro está a demorar a solicitude para a declaración da área de rehabilitación integral para o barrio do Celeiriño, así como da documentación complementaria requirida?
4.-) ¿Requiriu o IGVS ao Concello de Viveiro información sobre a presentación da reclamación xudicial contra a empresa construtora responsable dos danos causados no Celeiriño? De ser así, ¿en que datas?, ¿con que resultado?.
5.-) ¿Ten constancia a Xunta de Galicia das razóns polas que o Concello de Viveiro non ofrece información sobre a presentación ou non da reclamación xudicial contra a empresa construtora responsable dos danos e, en todo caso, dos motivos que levan á Alcaldía a incorrer, de ser así, neste comportamento cómplice coa empresa responsable?
6.-) ¿Cales son as vantaxes que para os veciños do barrio de Celeiriño cuxas vivendas foron afectadas polos derrubes traería consigo a declaración da área de rehabilitación integral?





















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



