Nota de prensa
O PP certifica nos orzamentos 2012 o progresivo desmantelamento do Hospital da Costa e a Área Sanitaria da Mariña
Os nacionalistas rebaixan a pouco mais de 11 millóns de euros o investimento real previsto pola Xunta de Feijoo na comarca Mariñá.
Os nacionalistas acusan ao PP de mentir, insultar e desprezar a comarca con estes orzamentos.
A Mariña, 24 de outubro de 2011. Manuel Parga e Xoán Antón Estúa compareceron hoxe para facer unha valoración polo miúdo dos orzamentos 2012 da Xunta de Galiza para a comarca mariñá. Segundo os nacionalistas “os investimentos da Xunta de Feijoo na comarca dificilmente van superar os 12 millóns aínda contando con partidas opacas”, polo cualificaron de “escandalosas as sucesivas rebaixas no investimento real para a comarca dende que o PP chegou ao goberno galego”. Manuel Parga e Xoán Antón Estúa acusaron ao parlamentario do PP, José Manuel Balseiro de “ilusionista ao querer converter en positivo un investimento miserábel” que non permitirá atender as necesidades da comarca en materia sanitaria ou servizos sociais así como en materia de emprego e infraestruturas que non so son necesidades vitais para a comarca, senón que moitos deles eran compromisos institucionais e electorais do PP que á vista das contas para 2012, non serán executados”.
Manuel Parga di que mas contas 2012 certifican a ausencia de compromiso do PP coa comarca e a ausencia de seriedade no campo electoral e institucional.
Manuel Parga, destacou que as actuacións previstas para a comarca e anunciadas polo PP tanto no campo institucional como electoral “son papel mollado” e puxo como exemplo o cronograma previsto polo Conselleiro de Infraestruturas cuxa consellaría rebaixa en mais de 21 millóns os investimentos previstos para este ano na VAP San Cibrao-Ferrol nos tramos lugueses ou a ausencia de investimento en materia sanitaria, tanto en primaria como especializada, recortándose os investimentos reais no Hospital da Costa en relación a 2011 en mais de 240.000 euros, poñendo negro sobre branco as intencións do PP sobre o “progresivo demantelamento da Área Sanitaria da Mariña” para a que tampouco se recolle ningún investimento en sanidade primaria nin para o Plan Director do Hospital da Costa.
O parlamentar nacionalista non se esqueceu de comentar que quitando algún investimento de relevo en Ribadeo(1,9 millóns para abastecemento de auga) ou Cervo(1 millón da Consellaría de Cultura e Turismo) mais os 5 millóns previstos para a VAP da costa, “o resto son pequenas partidas testemuñais que só permitirán pequenas actuacións sen relevancia”
Para Estúa hai múltiples exemplos que demostran que os compromisos electorais e institucionais so papel mollado
Xoán Antón Estúa, preguntouse onde quedou o compromiso do PP para o acceso ao porto de Burela que queda nunha partida testemuñal de 20.000 euros ou non inclusión de ningunha partida para o dragado da presa de Rúa que abastece a Cervo e Burela, comprometida pola Delegada Territorial das Xunta, Raquel Arias e apoiada por acordos plenarios unánimes en Cervo e Burela cuxa falta de execución xa está provocando subas do 40 e o 120% no prezo da auga a estes concellos. O nacionalista cuestionou a seriedade do PP que apoiou en Ribadeo o Centro de Día de Ove para enfermos de alzheimer que tampouco existe nas previsións da Xunta ou o polígono industrial do Valadouro no que non se executou nada no neste ano e para o 2012 só aparecen 48.000 euros de xeito testemuñal. O portavoz nacionalista puxo outro exemplo no caso da estrada LU-124 para a conexión da Pontenova, Riotorto e Mondoñedo coa A-8 na existía un compromiso inversor do Conselleiro da CMTI, Agustín Hernández, xa o ano pasado e van xa dous anos de incumprimentos. Así mesmo, recalcou que non existen partidas para vivenda protexida e as partidas para rehabilitación son meramente testemuñais.
Para rematar os nacionalistas explicaron que os orzamentos 2012 certifican o fracaso do PP nas políticas laborais, consolidando o desemprego e a renuncia expresa a reducir as taxas de desemprego; o fracaso social co desmantelamento dos servizos sociais, sanitarios e educativos que acumulan recortes de mais de 400 melóns de euros e sanidade e educación, e por último o fracaso económico con redución acumuladas de dinamización económica e empresaria superiores aos 142 millóns de euros. Por último constatan que as políticas de recortes renunciando a subir os ingresos profundizan na recesión e na crise económica, sendo mais chamativo se cabe na comarca NA NOSA COMARCA.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



