Entre as novas da actualidade política, a pouco mais dun mes das eleccións, destacan a operación campeón, as protestas en saúde e educación polos recortes e as millonarias indemnizacións dos anteriores conselleiros das entidades bancarias galegas, xa non públicas. Isto no eido galego.
A operación campión parte como unha investigación por subvencións irregulares concedidas pola xunta no último ano, pero ó final os que mais salpicados están son un deputado do pp de pouca monta, o ex-conselleiro de industria, do que non se cobrou subvención algunha, e o ministro de fomento que tampouco chegou a conceder subvención algunha polo medio do ministerio. Os actuais rexedores da Xunta din non ter que ver, din “ser os electricistas” e esquivan responsabilidades cando si está probado que deles si que se cobraron esas sospeitosas subvencións. Vamos que eles están pa recetas que se soe decir. Ademáis eles de reunirse fano en despachos e non en gasolineiras, posto que as reunións en gasolineiras deben estar tipificadas como delito penal…
Logo acerca das protestas en saúde, o noso veciño do pp, Balseiro, di que o sindicatos se equivocan facendo as protestas no hospital…eso é todo o que ten que decir, tampouco se esperaba unha profunda reflexión desa mente marabillosa. En educación, o conselleiro, que di que o galego está nunha boa situación, ten a desfachatez de admitir que non cubreu as case 600 xubilacións que se produciron este curso. Pero tampouco ten responsabilidade nengunha…é tamén o electricista.
Logo ven o tema de Novacaixagalicia Banco…Poderíase comezar decindo que tiñamos duas entidades galegas públicas de certo nivel, en problemas e agora o que temos é un banco…poderíase decir que varias persoas van cobrar millóns de euros como indemnización por meter en problemas ás caixas…pero o que hai que apuntar tamén é que eiquí a xunta que se eirxiu como tuteladora do proceso de fusión e logo de bancarización, creando incluso unha comisión de control, tampouco ten responsabilidade nengunha, seguen a ser tamén neste tema os electricistas…incrible!A responsabilidade problemente sexa mais miña ou de calquera outro cidadán de a pé que deles, ou eso debe ser o que pensan…
Pois eu digo que a responsabilidade téñena e toda, nalgúns caso teñen culpabilidade, é en dous anos de goberno da xunta o único que vemos é destrucción, destrucción de todo o feito antes e incluso destrucción do sector financeiro público para beneficialo privado. Desde que están eles os indicadores económicos galegos están peor, se cabe que os españois, cando antes de chegaren estaban por enriba, pero eles non teñen culpa. Ademáis, por sorte, se o seu partido gaña as eleccións xerais do estado, que é o mais probable, din que a forma de gobernar será a mesma que eiquí…estamos amañados.
Agora se extrapolamos esto á situación mundial de crise, o que me queda claro é que a crise non é casualidade, que está provacada polos poderosos que seguen a ser e o serán mais, para afianzar o seu poder, a costa das clases medias e baixas. E enriba din non ter responsabilidade nengunha. Entón como eu creo que se están partindo a caixa de todos nos eu vou coller e voume partir a caixa tamén porque se reaccionamos doutra maneira, véxase os indignados, somos violentos e antisistema e non respetamos as reglas do que eles chaman o seu xogo democrático.
Pois si señor Feijoó, a responsabilidade probablemente sexa miña, vostede non ten nada a que responder…a seguir así.
Mario Pillado Mon.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



