Nota de prensa
PANIFICADORA DO EO 1-3 FISOBER VIMIANZO
El Panificadora del Eo-Ribadeo FS sucumbiu no seu feudo ante o Fisober de Vimianzo (1-3); aínda que o intentaron as pupilas de Martínez durante os 40 minutos, a maior calidade e experiencia das visitantes fixeron que levasen os tres puntos nun partido vibrante con dominios alternos para ambos os conxuntos. As ribadenses seguen sen puntuar neste complicado inicio de tempada, logo de enfrontarse nas catro primeiras xornadas aos catro primeiros clasificados de Autonómica.
Adiantáronse as visitantes no marcador aos 5 minutos por mediación de Patricia en xogada individual logo de desfacerse de dúas locais e bater a Antía de tiro raso e cruzado. A partir dese momento, as ribadenses adiantaron as súas liñas para achegarse con perigo á portería defendida por Paula, aínda que sen puntería. O mazazo chegou de novo no último minuto da primeira metade ao aproveitar Ana unha perda de balón das locais na zona media (0-2).
Na segunda metade seguírono intentando as de Martínez e esta vez Eva si conseguiu perforar a meta visitante. Non se viñeron atrás as xogadoras do Panificadora e tiveron ocasións de polo menos igualar o marcador, principalmente en senllas chegadas de Ana e Fátima no un contra un contra a porteira do Fisober. As da Costa da Morte contraatacaron con perigo a falta de acerto na finalización das mariñás e así, no minuto 35, Noelia subiu o 1-3 definitivo.
Outro difícil compromiso terá o Panificadora na próxima xornada, que deberá enfrontarse en Santiago ao Funeraria Apóstol, un dos veteranos da categoría e candidato ao ascenso.
Provincial masculina. O Ribadeo FS conseguiu inaugurar a seu marcador ao empatar 2-2 no Pombal de Lugo co Navia Suarna.
Provincial feminina. As mozas ribadenses do Xoula recibiron un severo castigo en Lugo, onde caeron derrotadas ante o FSF Lucense 6-1. O gol das mariñás foi obra de Elvira.
Ficha técnica
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Antía, Eva, Marta, Fátima e María, cinco inicial; tamén xogaron Ana, Arancha, Elena e Toñi.
Fisober FSF: Paula, Ana, Barca, Noelia e Patricia, cinco inicial; tamén xogaron Elsa, Myrella, Ylenia, Olalla, Alba e Eva.
![]()
Árbitros: Benjamín Rivas Fouz e Vanesa Fernández Fernández, da delegación de Lugo. Mostraron cartón amarelo á xogadora visitante Ana.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
