Nota de prensa:
Prevese que as devanditas actuacións poidan estar rematadas antes de que finalice o mes de novembro e incluirán tanto a zona habilitada para a estancia e mantemento de embarcacions como unha marquesina metálica destinada a regardar aos usuarios do porto
BALSEIRO SINALA QUE PORTOS DE GALICIA CUMPRE O MANDATO PARLAMENTARIO E HOXE MESMO INÍCIANSE AS OBRAS DA MARIÑA SECA DE SAN CIPRIÁN
Espera que socialistas e nacionalistas “pidan perdón” por intentar enganar aos veciños ao negar que esta obra puidera levarse adiante e ao asegurar que non dispoñía de respaldo orzamentario
“Nós o que prometemos cumplímolo, e cumpriremos tamén todas os compromisos adquiridos co pobo de San Ciprián a pesar de que estamos en tempos difíciles”-explicou Balseiro
Santiago, 26 de outubro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balseiro, sinalou que Portos de Galicia está a cumprir o mandato parlamentario promovido por este mesmo deputado nas pasadas datas e xa ,esta mesma mañá, darán inicio as obras de construción da mariña seca no porto lucense de San Ciprián.
As actuacións que hoxe comezan a executarse terán un dobre obxectivo: por unha banda, a habilitación dunha zona de varada das embarcacións para poñelas en seco, para resgardalas da resaca ou dos golpes de mar, e tamén para efectuar nela operacións de arranxo, mantemento ou limpeza e, pola outra, a instalación dunha estrutura metálica a modo de marquesina que protexerá aos usuarios do porto das inclemencias climatolóxicas.
Ainda que o acordo aprobado o pasado 4 de novembro na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia indicaba que as obras “non se prolongarán máis aló de finais deste ano, o 2011” a previsión hoxe é moito máis optimista e segundo explica Jose Manuel Balseiro, as obras poden estar rematadas a finais do mes de novembro, salvo que o mal tempo obrigue ao atraso dos traballos de construción da mariña seca.
PROMESAS CUMPRIDAS
Unha vez confirmada o inicio das obras que permitirán a San Ciprián contar cunha mariña seca e cun espazo exterior de resgardo, o deputado popular non se esquece de esixir aos grupos da oposición –a socialistas e nacionalistas- que “pidan perdón” por intentar enganar aos veciños ao negar que esta obra puidera levarse adiante e ao asegurar que nunca vería a luz porque non dispoñía de respaldo orzamentario. Balseiro Orol dixo “que a través destes feitos, que é o que de verdade vale, demostramos que nós o que prometemos cumplímolo, e cumpriremos todas os compromisos adquiridos co pobo de San Ciprián incluso a pesar de que nos atopamos en tempos difíciles marcados pola crise e os axustes presupostarios”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



