Nota de prensa
NOTA DE PRENSA
O PP de Burela considera que a oposición “limítase a demandar urxencia en asuntos que tiveron parados durante catro anos”.
Afirman que “o traballo de socialistas e grupo mixto é igual a cero”.
Os populares aseguran que agora sí que se axilizan os asuntos.
Burela, 4 de outubro de 2011.- O PP de Burela, a través dunha nota de prensa, manifestou hoxe que “a oposición no concello xa se vé que está a facer o traballo que pode facer: en dous plenos ordinarios, cero mocións do grupo mixto e cero mocións do grupo socialista. A estas alturas, hai catro anos, o PP xá tiña presentado seis mocións. O balance sería para eles ainda moito peor se houbera un pleno ó mes: no fondo, eles están contentos porque haxa un pleno cada dous meses, porque así nótase menos a súa falla absoluta de traballo”.
Desde o PP aseguran que “efectivamente, é certo que había asuntos de trámite no pleno, como pasa sempre. Pero había outros dous puntos que nós consideramos importantes: a creación do consello da xuventude, cousa que o bipartito nin tan siquera intentou, e o impulso da declaración da zona xeolóxica como espacion natural de interese local, que tampouco souperon ou quixeron desenvolver, porque só escribiron cinco líneas ó respecto e nin tan siquera hai expediente ó respecto”.
Por eso, indican os populares, “da súa incapacidade derívase o seu cabreo, polo que lles recomendamos unha certa calma, dado que a lexislatura é longa, e cabe facer oposición desde o primeiro dia. Non se pode pedir agora que se fale do PXOM, cando eles non o fixeron en catro anos; non se pode pedir agora que se fale do acceso ó porto cando en catro anos o bipartito só conseguiu que a obra se parara; e así, sucesivamente”.
Desde o PP consideran que “o pleno do pasado xoves, se se caracterizou por algo foi polo rigor do alcalde á hora de dirixilo, e a ninguén se lle coartou para falar libremente dos asuntos que había que tratar; eso si, como as respostas que se lle deron ás preguntas da oposición non lles gustaron, agora resulta que o pleno foi así e de aquela maneira. Pero para ser exactos, se houbo algúen que tentara interrumpir e crispar, esa foi a concelleira do Grupo Mixto, e tamén o portavoz do PSOE, que pretendia darlle consellos ós demais concelleiros. Semella que ademais da falla de traballo, na cabeza dos socialista tamén reina a anarquía e a incoherencia”.
Segundo os populares, “falar de xestión por parte da oposición é um chiste de mal gusto. É agora cando se está desbloqueando o PXOM; é agora cando se remata Torrentes; é agora cando se atenden con certa celeridade as cousas do dia a dia”. E tamén, segundo o PP, “é o momento de falar da desastrosa xestión económica do bipartito: dous exemplos, as área do Bloque tiñan pendiene de pago a montaxe da feira PRODUART do ano pasado, cando o PP chegou ó concello; e o alcalde, tan preocupado el polo medio ambiente, adicouse a cambiar farolas que non producen aforro enerxético. Ese é o desastre económico no que nos ten sumido o bipartito a todos os bureleses, e do que por desgracia tardaremos en sair”.
Finalmente, “tanto socialistas coma grupo mixto deben darse conta de que agora non se repiteu o de hai catro anos, cando gobernaron logo de perder as eleccións. Agora, ademais de perderen as eleccións, o PP acadou a maioría absoluta, e ainda así o PP contará coa oposición cando sexa preciso. Ainda que polo que se veu no pleno, non parecen mui dispostos a colaborar”.