“Socialistas e nacionalistas pretenden seguir enganando aos veciños ao insisten na aplicación das axudas contempladas na declaración de emerxencia do bipartito, a sabendas de que estas axudas só poden darse a núcleos históricos ou rurais condicións que non se dan neste barrio” segundo o deputado popular Balseiro Orol
O PARLAMENTO APROBA QUE A XUNTA LLE REQUIRA AO CONCELLO DE VIVEIRO QUE NON DEMORE MÁIS A SOLICITUDE DUNHA ÁREA DE REAHIBILITACIÓN INTEGRAL PARA O BARRIO DO CELEIRIÑO
“ O Alcalde terá que explicar por que aínda non teñan efectuada formalmente a reclamación xudicial dos danos pese a que existe un acordo plenario unánime que lle obriga a facelo que data do ano 2009” segundo Balseiro, que sospeita que detrás deste atraso está o medo da Alcaldía a que a licenza outorgada á obra causante dos estragos sexa irregular
O deputado popular acusou ás forzas do bipartito de pretender seguir dilatando no tempo –pese a ter transcorrido máis de tres anos- a solución á que teñen dereito os veciños deste barrio e lamentou que o PSOE pida agora a elaboración de informes de daños, que xa deberían estar feitos
Santiago, 20 de outubro de 2011.- O Parlamento de Galicia aprobou no día de hoxe unha iniciativa na que se lle require a Xunta de Galicia a dirixirse ao Concello de Viveiro para que non demore máis a solicitude dunha área de rehabilitación integral (ARI) para o barrio do Celeiriño. A través desta figura xurídica –o ARI- os veciños poderían obter axudas para o arranxo dos danos que presentan as súas viviendas tras o derrube. O ARI posibilitaría a maiores a achega de fondos tanto autonómicos como estatais para obras de urbanización e reurbanización do barrio, no exterior das vivendas. Pese a ter transcorrido preto de tres anos desde que aconteceron os feitos, os veciños cuxas vivendas foron afectadas seguen á espera de obter estas axudas. A solicitude formal do ARI corresponde en exclusiva ao Concello de Viveiro e despois será a Xunta quen a tramite. Neste punto Balseiro lembrou xa que o propio director xeral do Instituto Galego de Vivenda, Jose Boné adiantou a postura totalmente favorable da Xunta a colaborar e achegar as axudas correspondentes unha vez solicitada a área de rehabilitación integral.
DECLARACIÓN DE EMERXENCIA
Na súa quenda de intervención o deputado popular lamentou que PSOE e BNG pretendan continuar co engaño aos veciños deste barrio. Tanto socialistas como nacionalistas defenderon as axudas comprometidas pola Xunta bipartita na declaración de emerxencia iso a pesar de que a fórmula empregada para outorgar as mesmas (cédula de rehabilitación) é inaplicable na práctica e inviable xurídicamente posto que só poden destinarse a centros históricos e núcleos rurais, e ningunha destas características as cumpre o barrio do Celeiriño. Balseiro lembrou que pese a ser advertido deste erro en múltiples ocasións o Concello fixo caso omiso, e por riba está a negarse a solicitar a declaración de ARI, demorando a solución.
RECLAMACIÓN XUDICIAL
Por outra banda, Balseiro Orol insistiu en que o Alcalde terá que explicar como é posible que aínda non teñan efectuado formalmente a reclamación xudicial dos danos –ata o momento a Xunta non ten constancia disto- pese a que existe un acordo plenario unánime que lle obriga a facelo e que data do ano 2009. Balseiro sospeita que detrás deste atraso está o medo da Alcaldía a que a licenza outorgada á obra causante dos estragos sexa irregular coas consecuentes que isto pode ter. O acordo parlamentario acadado no día de hoxe tamén esixe ao Concello a que inice esta reclamación xudicial sen máis dilacións. Balseiro lembrou ademais que xa hai sentencias favorables en procedementos iniciados por particulares.
EMENDA SOCIALISTA
Finalmente o deputado popular acusou ás forzas do bipartito de pretender seguir dilatando no tempo –pese a ter transcorrido máis de tres anos- a solución á que teñen dereito os veciños deste barrio. Lamentou que o BNG asegurara que xa se están a levar a cabo obras nas rúas –omitindo as críticas e a situación de abandono que sufren os veciños: cheiros dos sumidoiros, peche de rúas, limitado acceso de ambulancias,…-. Balseiro Orol tamén considerou incomprensible a emenda socialista na que instaba á Xunta a elaborar novos informes sobre os danos nas vivendas xa que, tres anos despois de acontecidos estes feitos, o Concello de Viveiro xa os tería que ter feitos.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



