Nota de prensa:
VEIGA AFIRMA QUE “CHEGOU O MOMENTO DE REMATAR CO ESPOLIO DA AUTORIDADE PORTUARIA A LUGO”
O Vicepresidente da Deputación proporá no Consello de Administración de Portos de Galiza un cambio na composición da Autoridade Portuaria para aumentar o peso da representación lucense
Desta maneira preténdese rematar co lastre que supón para Lugo que “as persoas que deberían representarnos nese consello teñan, ademais de pouco peso, pouca intención de defender realmente os nosos intereses”
Lugo, 14 de outubro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno desta institución, afirmou fóra dos puntos da orde do día que “chegou o momento de rematar co espolio da Autoridade Portuaria a Lugo”, para o que Veiga proporá no Consello de Administración de Portos de Galiza un cambio na composición da Autoridade Portuaria para aumentar o peso da representación lucense, xa que “ademais de contar con poucos membros, quen se deberían preocupar realmente de defender os intereses dos lucenses non o están a facer de ningunha maneira”.
Antonio Veiga afirma que a posición que mantén o Consello de Administración da Autoridade Portuaria é un insulto a todo o norte de Lugo xa que se mantén xordo diante das demandas que plantexa a sociedade, para que as inversións que fai na comarca se correspondan coa cuantía de ingresos que recada en San Cibrao.
O vicepresidente da Deputación lembrou que xa “esta institución se ten pronunciado con acordos de cara a solicitar ao Estado unha Autoridade Portuaria propia (lembrando que Lugo é única provincia de España con mar que non ten unha autoridade de seu), e da apertura do dique Norte de Alcoa”, porque non é de recibo que siga a persistir semellante discriminación neste aspecto. Para Antonio Veiga, “isto implica que o diñeiro que xera San Cibrao polo cobro de taxas e o canon do porto non reverte para nada na comarca”. “De feito, o pasado ano, á Mariña só se destinaron 650.000 euros dos máis de tres millóns que se xeraron no peirao por estes conceptos, unha exigua quinta parte que deixa ás claras que o ente regulador persiste na súa discriminación á Costa de Lugo”, apuntou Veiga, tendo en conta que en Ferrol se executaron obras por un valor de trece millóns, recuperando case o que ingresou.
Veiga, quen recordou que, a pesar das queixas reiteradas que por parte dos axentes sociais da Mariña se teñen feito ao respecto da modificación da composición da autoridade portuaria, “Lugo segue sen ter o máis mínimo peso específico” e apuntou á composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, publicada no DOG do 7 de outubro de 2010, polo que “representativamente lucense só é o vogal designado polos concellos de Xove e San Cibrao, xa que os outros vogais ou ben son designados polo goberno autonómico, ou como acontece co caso dos vogais das organizacións empresariais, das organizacións sindicais, da Cámara de Comercio ou do sector pesqueiro, que sempre son nomeadas por parte de Ferrol”. Ademais, Veiga aportou datos económicos xa que sinalou que o Porto de San Cibrao, hoxe limitado ao seu dique Sur, xera arredor do 40% da cota total de negocio da Autoridade Ferrol-San Cibrao.
Neste camiño, Veiga anunciou que proporá no Consello de Administración de Portos de Galiza, ao que asiste como representante da Deputación de Lugo como tamén representante das entidades locais, un cambio na composición da Autoridade Portuaria para aumentar o peso da representación lucense.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



