Nota de prensa
Grupo municipal do PSdeG PSOE de Burela
Burela estase quedando sen luces.
Resulta curioso o modo no que o goberno popular de Burela está afrontando a crise que afecta aos concellos, derivando toda a responsabilidade e todas as consecuencias aos veciños. Por un lado, aumenta impostos, brutalmente no caso da auga (máis do douscentos por cento), e taxas, e incluso ten a brillante idea de crear novos tributos como por exemplo polo uso de locais municipais, deportivos, culturais, educativos, ou mesmo o do concello para bodas civís, etc. E por outro lado, estamos asistindo a unha pretendida reducción do consumo eléctrico aplicando un apagado na iluminación pública, dito por eles alternativo, que deriva nunha penumbra perigosa que causa inseguridade, e ao mesmo tempo, provoca un perigo aos transeúntes e un aspecto fantasmal do pobo de Burela, sobre todo na arteria principal que é a Av. de Arcadio Pardiñas. Por elo dedúcese fácilmente que o sacrificio tributario que imos padecer, non redundará en nengún beneficio para todos os burelenses.
Como consecuencia, fainos deducir que: poucas luces ten o equipo de goberno, dado que agora é o momento oportuno de que afloren as solucións intelixentes e ideas solidarias, e non maltratar máis o peto dos cidadáns coa coartada fácil do recorte sen ofrecer nada a cambio frente á difícil situación que estamos padecendo. E ao mesmo tempo, non teñen capacidade de buscar medidas alternativas para favorecer o desenvolmemento socio económico do noso concello, que compensen ou traten de reducir o sacrificio que vamos a sufrir nos impostos municipais do ano 2012.
Deben saber, que poden aproveitar as instalacións fotovoltáicas colocadas polo anterior equipo de goberno e que producen enerxía eléctrica, ben aplicando o seu aproveitamento en máis instalacións, ou ben negociando coa empresa comercializadora para a venta da enerxía sobrante que producen. Ou ben aplicando temporizadores para que a determinadas horas non necesarias fan que se ilumine só as zonas máis importantes, minimizando así a molestia que está a causar a brillante idea que tiveron de contemplar a oscuridade para que nos guíen as estrelas. Estas medidas que acabamos de enunciar sí abaratarían o coste que soportan as arcas municipais.
Poden tamén, a diferencia do apagado masivo da iluminación, e subida indiscriminada de impostos, predicar co exemplo, e, nun ramalazo de coherencia co tempo no que vivimos, aplicar unha reducción no soldo do alcalde de dezasete mil euros anuais dos cuarenta e sete mil euros máis dietas que cobra, e ao mesmo tempo, eliminar as outras dúas dedicacións exclusivas, que suman un total de cuarenta mil euros, xa que tanto para a área de servizos sociais como a de obras e urbanismo, o Concello dispón de traballadores suficientes e competentes para desenrrolar a labor diaria municipal.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



