Nota de prensa
Os taxistas de Ribadeo estrean un local de uso propio
O Concello habilitoulles un espazo, onde reciben as chamadas e dispoñen de aseos, na antiga oficina de exposicións
Ribadeo. 23.11.2011.
A Asociación Profesional do Autotaxi Ponte dos Santos, cuxo presidente é Antonio Valea, estreou recentemente un novo local para o uso dos 15 taxistas ribadenses que dispoñen de licenza na actualidade. A agrupación solicitáralle o pasado mes de maio ao Concello de Ribadeo a adxudicación dun novo espazo no que poder recibir as chamadas e dispoñer de aseos para o mellor desenvolvemento do seu traballo, despois de que a Consellería de Vivenda lles comunicara que debían abandoar as instalacións que utilizaban ata ese momento.
Tras tentar negociar con Vivenda para evitar o desaloxo, a alcaldía ribadense levou a unha sesión plenaria a adxudicación dun novo espazo para os taxistas, moi próximo ó anterior e á parada habitual, na parte traseira da vella oficina de turismo da vila, que xa poden utilizar. “Agradecemos a aprobación, por parte de tódolos grupos políticos, da cesión deste novo local que está xusto ao lado da parada, co que evitamos ter que cambiala de ubicación”, comentou Antonio Valea, portavoz do colectivo, , para quen “hai que darse conta de que esta é a única parada da zona que dispón de local, porque as demais teñen, como moito, unha cabina telefónica e neste coso, podemos dispoñer de aseos que se comparten co resto do edificio”.
Teletaxi
O colectivo é ademais dos poucos de toda a comarca da Mariña que ofrece, dende o pasado mes de marzo, un servizo que funciona as 24 horas. Grazas a esta oferta, os usuarios poden chamar a calquera hora do día ou da noite para solicitar un taxi no número do teléfono 646.06.05.05, ademais de seguir tendo activo o teléfono fixo da parada, o 982.128.111. “Somos once os taxistas que facemos turnos para cubrir este servizo e, aínda que a crise está afectando moito, estamos contentos de como vai, porque ademais, deste xeito, cubrimos unha franxa horaria que tiñamos descoidada e de feito vemos como pouco a pouco vanse incrementando o número de chamadas ó móvil das 24 horas”, sinala o representante dos taxistas. Burela, Foz, Mondoñedo, Vegadeo ou Tapia de Casariego adoitan ser os destinos máis frecuentes para os traxistas ribadenses, aínda que tamén viaxan con frecuencia ás cidades máis cércanas, como Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela ou Oviedo, ademais de aos aeroportos de Asturias e de Galicia. O prezo por kilómetro é de 1,03 euros, “contando só os kilómetros de ida”, como especifica Valea, quen engade o exemplo de que “para ir ao aeroporto de Ranón súmanse 100 máis 100 kilómetros, é dicir, que a viaxe custaría 103 euros”, puntualiza.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



