Hoxe dan comezo no hotel Vila do Val en Ferreira do Valadouro as xornadas do arroz caldoso con bogavante. Até o 15 de decembro será posible degustar este exquisito prato. A directora do hotel, María Hermida, conta que que o ano pasado fixemos estas xornadas só durante os fins de semana e neste 2011 será posible gozar do noso arroz caldoso con bogavante todos os días da semana desde hoxe e até o próximo 15 de decembro. O prezo do prato de arroz caldoso con bogavante no hotel Vila do Val é de 19 euros e o teléfono para reservas é o 982 57 16 53.
Comezan no hotel Vila do Val en Ferreira as xornadas do arroz caldoso con bogavante
Comezan no hotel Vila do Val en Ferreira as xornadas do arroz caldoso con bogavante
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia