Nota de prensa
O voceiro de Sanidade do Grupo Popular explica que o decreto publicado hoxe pola Consellería “incorpora especificamente diversos apartados da Lei de Saúde de Galicia aprobada en 2008”
“A DESESPERACIÓN DOS SOCIALISTAS LÉVAOS A CRITICAR INCLUSO A APLICACIÓN DE LEIS APROBADAS POLO GOBERNO BIPARTITO”, AFIRMA MIGUEL SANTALICES
• O voceiro explicou que “trátase dunha normativa que sae publicada anualmente e que este ano inclúe, por recomendación da Asesoría Xurídica, unha disposición adicional que permite á Consellería de Sanidade a aplicación de varios puntos do artigo 15 da citada Lei de Saúde”
Santiago, 8 de novembro de 2011.- O voceiro de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, afirmou hoxe que “a desesperación na que viven os socialistas galegos, encabezados polo seu secretario xeral, e as súas ramificacións adxacentes, neste caso a Asociación en Defensa da Sanidade Pública, léveos a criticar incluso a aplicación das leis que aprobou o Goberno bipartito, como ocorre no decreto publicado hoxe pola Consellería de Sanidade no DOG e que incorpora especificamente diversos apartados da Lei de Saúde de Galicia aprobada en 2008, polo que non existe ningunha novidade lexislativa a este respecto”.
“Resulta especialmente rechamante a sinfonía común que interpretan os socialistas galegos e denominada Asociación en Defensa da Sanidade Pública, aínda que non sorprende cando se coñece que responsables desta organización foron altos cargos da Consellería socialista de Sanidade na etapa do Goberno bipartito ou estreitos colaboradores remunerados deste departamento”, sinalou o voceiro do Grupo Popular.
Miguel Santalices criticou “a irresponsabilidade que amosan, unha e outra vez, tanto socialistas como a citada asociación, co único obxectivo de desprestixiar a sanidade pública galega e, en consecuencia, atacar a política sanitaria do actual Goberno galego”. “O señor Vázquez non debería ter dubida algunha de que o actual Goberno galego vai adoptar cantas medidas considere oportunas, como xa se fixo en política farmacéutica, para garantir a protección da sanidade pública e o uso responsable dos servizos sanitarios”, anotou.
PUBLICACIÓN ANUAL
Respecto ao decreto publicado hoxe no DOG pola Consellería de Sanidade polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, Santalices recordou que “trátase dunha normativa que sae publicada anualmente e que este ano inclúe como novidade unha disposición adicional que permite á Consellería de Sanidade a aplicación de varios puntos do artigo 15 da Lei de Saúde de Galicia”.
“Como pode comprobarse, tratase da aplicación dunha lei aprobada polo anterior Goberno bipartito da Xunta, do que formaba parte o actual secretario xeral dos socialistas galegos pero que, seguindo o guión da mentira e da terxiversación que lle marcan os asesores de Rubalcaba, omite voluntariamente para criticar ao actual Goberno galego”, sinalou o voceiro popular.
Así mesmo, apuntou que, “o que para eles é intentar introducir o copago pola porta de atrás ou un mal uso da sanidade pública, limítase a incorporar ao decreto catro puntos dos recollidos no artigo 15 da citada Lei de Saúde de Galicia aprobada en 2008, que se centran nos deberes e obrigas individuais por parte dos usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia”.
POR RECOMENDACIÓN DA ASESORÍA XURÍDICA
En concreto, Santalices explicou que trátase dos puntos 4, 5, 10 e 11 do citado artigo 15, que recollen, por recomendación da asesoría xurídica da Xunta de Galicia, a obriga e deberes dos cidadáns a usar axeitadamente os recursos, os servizos e as prestacións ofrecidas polo sistema sanitario; manter a debida observancia das normas establecidas en cada centro; cumprir as normas e os procedementos de uso e acceso aos dereitos que se lle outorguen a través da Lei de Saúde de Galicia; ou comunicarlle ao sistema sanitario, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente.
“Esto é o que entenden os socialistas e os seus adláteres por introducir o copago na sanidade pública galega, unha mostra máis da súa falta de escrúpulos para terxiversar calquera cuestión que caia nas súas mans co fin de conseguir un mínimo rédito político neste momento de campaña electoral na que as enquisas sonlles totalmente desfavorables”, manifestou.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



