Nota de prensa
O programa KM0 leva ós participantes desta semana a redescubrir a importancia da auga nos Concellos do interior e da Mariña lucense
– O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, recibiu este martes a 96 participantes nas rutas de KM0, que continúa a colleitar éxitos semana tras semana.
– As visitas desta semana levarán ós participantes a coñecer a importancia do mar e das augas fluviais nos Concellos de Sober, Ribadeo, Cervo e Portomarín.
O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, recibiu este martes ós dous colectivos que escolleron esta xornada para percorrer varios recunchos da provincia. O KM0 continúa acadando, semana tras semana, os seus obxectivos de poñer en valor os potenciais turísticos dos Concellos lucenses como factores de dinamización social e económica, contribuíndo á súa conservación, así como o de manter 300 postos de traballo ó longo da provincia. En particular, as visitas desta semana redescubrirán ós participantes nas rutas a importancia que para o desenvolvemento económico de moitos Concellos da provincia tiveron sempre as súas augas: tanto o mar, coma é o caso de Ribadeo e Cervo, coma os ríos, nos Concellos de Portomarín e Sober.
Un destes dous grupos, 48 integrantes da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Pol decidíronse pola visita á Illa Pancha, que os levou a admirar a que é unha das máis fermosas illas que salpican a costa mariñana, para logo facer unha ruta ata o casco histórico para coñecer o Castelo de San Damián, mostra da arquitectura militar do século XVII no Concello. Tras esta visita, achegáronse ata o conxunto do Cargadoiro.
Pola súa banda, outros 48 membros da Asociación “Amigos do Patrimonio de Castroverde” viaxaron ata terras de Sober para coñecer a actividade de dúas das numerosas adegas da zona, as Algueira e as Proencia, onde puideron degustar os caldos e os produtos gastronómicos máis típicos das ribeiras do Sil. Tras repoñer forzas puxéronse en marcha cara os miradoiros de Pena do Castelo e o de Cadeiras, onde puideron visitar o famoso Santuario soberino do século XVIII.
Xa o mércores, a Asociación de San Martiño do Pino, de Cospeito, tamén se dirixirá ata o mesmo Concello, aínda que, neste caso, 48 dos seus asociados optaron por facer unha ruta en catamarán dende os Chancís para gozar coas vistas que ofrecen as ribeiras do Sil dende as súas augas. Despois de percorrer o conxunto etnográfico dos muíños do Xábrega, que en tempos albergaron una intensa actividade, dirixiranse ata a Igrexa de Proendos, rematando o día cunha degustación nas Adegas Proencia.
Tamén será a quenda de 48 viaxeiros da Asociación Veciñal de Ribas Pequenas, de Bóveda, que farán unha ruta polo Concello de Ribadeo; darán un agradable paseo polas Praias das Catedrais e dos Castros e achegarse despois cara Rinlo para saber un pouco máis da actividade das cetáreas, así como da do aeródromo de Villaframil.
O xoves, o Concello de Cervo acollerá a visita de 55 membros da Asociación de Veciños de Ribasaltas, de Monforte, que poderán percorrer as instalacións da Fábrica e a antiga Casa da Administración de Sargadelos e logo camiñar admirando a natureza que enmarca o Paseo dos Namorados. Rematarán a xornada cunha visita á localidade de San Ciprián.
Finalmente, 40 integrantes da Asociación de Amas de Casa de Bretoña, da Pastoriza, poderá pasar o día no Concello de Portomarín, onde darán un paseo ata o Náutico, descubrirán as riquezas das Igrexas de San Pedro e San Nicolás, así como a Capela das Neves, situada no alto da ponte do mesmo nome, para finalmente degustar a típica tarta da localidade no establecemento de “La Piña”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



