O vindeiro venres, 25 de novembro, a A.C. Francisco Lanza presentará o poemario “Átonos” de Rosalía Fernándel Rial. Será, ás 20,30, na Casa das letras. Rosalía recitará e Serxio Moreira tocará o piano. Tamén se proxectarán as imaxes que acompañan os versos de “Átonos”, elaboradas por Mon Lendoiro, Viki Ribadulla, Emi de las Heras, Chiña, Fátima Fortea e Susana Llorente.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



