Nota de prensa
Mañá, martes 13, darán comezo as “Xornadas Gastronómicas da Cociña de Cunqueiro” no IES de Foz. Esta actividade está organizada polo Departamento de Hostalería, o Grupo de Traballo da Biblioteca e o Grupo de Dinamización Lingüística. É a segunda actividade que se organiza no marco da celebración do Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. A primeira delas consistiu na lectura de textos do autor na biblioteca, onde participou toda a comunidade educativa.
O menú-carta que se realizará os días, 13, 14 e 15 de decembro no comedor de Hostalería está baseado en pratos extraídos da literatura de Cunqueiro. Estes pratos teñen como ingredientes os diferentes productos da gastronomía galega aos que el fai continuamente referencia nas súas obras. O menú consiste en : vieira ao Albariño, arroz con berberechos, polbo á feira, empanada de lombo, orella de cocho, lacón con grelos, pescada á galega e rosquiñas e torta de Mondoñedo como sobremesa. Todo isto regado con diferentes viños galegos aos que Cunqueiro tamén cita como son Albariño Rías Baixas e Mencía Ribeira Sacra.
O prezo do menú é de 6€ para alumnos/as e 9€ para o profesorado. A decoración do comedor estará ambientada con textos, poemas e citas extraídas das diferentes obras de Cunqueiro, coidándose ata o mínimo detalle.
MENÚ DEGUSTACIÓN
COCIÑA CUNQUEIRIANA
Vieira ao albariño
Arroz con berberechos
Polbo á feira
Empanada de lombo
Orella de porco
Lacón con grelos
Pescada á galega
Roscas
Torta de Mondoñedo
VIÑOS
Albariño Rías Baixas
Mencía Ribeira Sacra
Martes 13, Mércores 14, Xoves 15