Nota de prensa
O PARTIDO POPULAR DE A PONTENOVA NON ENTENDE A ACTITUDE DO CONCELLO COA ASOCIACIÓN DE ARTESÁNS DE A PONTENOVA
Ante a inminente celebración da FEIRA DE ARTESANÍA de A Pontenova o Partido Popular non entende a actitude do Concello coa Asociación de Artesáns e coas declaracións inexactas feitas polo concelleiro Francisco Martínez en canto ao número de artesáns existentes na Pontenova. Desde o PP consideramos esas declaracións como un menosprezo ao resto dos artesáns acreditados na Pontenova e tamén un menosprezo para todos aqueles “artesáns” veteranos do concello que aínda que sen Carta de artesán, exerceron como tales e, ademais, entendemos que na Pontenova é necesario unir e non dividir e fomentar o enfrontamento que é o que está a facer o equipo de goberno municipal.
Na Pontenova vense organizando unha Feira de Artesanía por parte da Asociación de Artesáns desde xa vai catro anos, sendo esta Asociación a iniciadora, creadora e organizadora desta Feira na Pontenova, polo que seguimos sen entender por que nin por que ocultas razóns (que non sexa o de querer colgarse o Concello unhas medallas e saír nunha foto que moralmente non lle corresponden) este ano o equipo de goberno non chegou a un acordo de colaboración coa asociación de Artesáns e tampouco entendemos por que razón non se puxeron a disposición da mesma os mesmos medios e vontade que se están a despregar agora ca organiza o propio Concello.
Desde o PP apoiamos todas as actividades que se fagan na Pontenova pero pensamos que con estas actitudes por parte do goberno municipal o único que se consegue e dividir o pobo, provocar enfrontamentos innecesarios e “desmantelar” o tecido asociativo do Concello sobre todo con aquelas asociacións que “supoñen” non afíns a eles.
Dende o Partido Popular de A Pontenova apoiamos e recoñecemos toda a labor asociativa das moitas asociacións e sociedades sen ánimo de lucro que colaboran na vida social do noso concello e de todas as directivas que poñen o seu tempo libre a disposición de todos os veciños e veciñas, e consideramos que a actitude que está a ter o noso concello e en particular o seu tenente de alcalde Francisco Martínez non é de recibo coa importante labor que a asociación de artesáns veu a desenvolver no noso concello.
Nosoutros como membros da corporación municipal queremos reiterar o noso apoio a todas aquelas institucións sen ánimo de lucro que traballan polo noso concello e a todas as actividades que organizan, e preguntámonos si o Concello de A Pontenova estaría en situación de organizar todos eses eventos que realizan todas as nosas asociacións, ou si só mostra, “por casualidade”, interese por este determinado evento.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



