![]()
Nota de prensa
MARIO COTO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DO ANO QUE ESTÁ A PIQUES DE REMATAR PARA O CNR. O PRESIDENTE SUBLIÑOU A CONSECUCIÓN DA Q DE CALIDADE TURÍSTICA, QUE SÓ TEÑEN 6 CLUBES NÁUTICOS EN GALICIA, E AS OBRAS REALIZADAS POR PORTOS.
Ribadeo, 28 de decembro de 2011. O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, fai un balance moi positivo do ano que está a piques de rematar para esta entidade e di que “o 2011 foi inmellorable”. Coto lembrou o traballo realizado no ámbito medio ambiental, os cursos impartidos no clube, a Transgascogne e a consecución da Q de calidade turística.
O máximo responsable do CNR sinalou que “o balance deste 2011 que fago eu, a miña directiva e os socios do Club Náutico, que non me cabe duda que tamén o fan, é o máis positivo que houbo en moitos anos. Aínda que as cousas están como están, fixemos máis que nunca traballo dentro do clube. En vela fíxose moitísimo, medrou o mil por un do que había ao que hai. Iso é un esforzo do vicepresidente do clube, ao que lle gusta moito eso, e despois hai un respaldo de empregados do clube e monitores, que fan esa labor. Fixemos este ano un gran despliegue, porque nos coincidiu a regata internacional Transgascogne, e iso supón a realización de moitos eventos relacionados con esa proba no Club Náutico de Ribadeo. Tamén fixemos demostracións da utilización de balsas, de bengalas; organizamos xogos para os nenos fillos dos socios do clube e tamén para outros que non o son”.
Mario Coto considera que o balance do Club Náutico do ano 2011 “é inmellorable en moitos anos, en moito tempo”, e indicou que “outro dos retos importantes que nos marcamos no Club Náutico de Ribadeo foi manter a bandeira azul, para o que hai que cumplimentar moitas cousas, como sabe moita xente que está metida nisto, e aí está”. Neste momento o CNR está a presentar toda a documentación esixida para renovar ese galardón no ano 2012. O prazo de presentación remata o vindeiro 16 de xaneiro. Coto manifestou que “tamén estamos en pleno proceso de implantación das certificacións EMAS e ISO 14000. Metímonos na Q de calidade turística, que por certo xa a temos adxudicada. Hai 11 clubes náuticos en toda España que están certificados coa Q de calidade turística e en Galicia hai 6. Un deles é Ribadeo, porque queremos ser punteiros en todas aquelas cousas relacionadas co turismo e co medioambiente”.
O presidente do CNR subliña que “todo esto conlévanos un esforzo ao equipo de xente que traballa arredor do Club Náutico con estes temas. Desde as oficinas fanse os expedentes todos das certificacións e na parte da marinería cumplimentase todo o que é necesario para obter eses cerfificados e eses galardóns. Fixemos unha inversión importante nunha máquina para a limpeza de sentinas e augas residuais. Témola aí para cumplir eses certificados”. Mario Coto explicou que “as certificacións ás veces hai xente que pensa que é unha cousa simbólica, pero sin embargo hai que saber de que se fala. Todo eso conleva unhas obrigas que hai que cumprir, porque hai uns inspectores que veñen controlar e de repente sorprendémonos con que non hai a bandeira azul ou sacáronlle o certificado da ISO ou da Q de calidade a tal sitio. Eso é porque non fan as cousas ben. Por eso os empregados do clube, os directivos do clube e os socios do clube cando van vendo crecer día a día estes temas vanse acostumbrando a cumprir unhas normas e unhas regras, e iso eu creo que ao Club Náutico de Ribadeo benefíciao moitísimo”.
Coto amosóuse moi agradecido polas obras executadas por Portos de Galicia no porto deportivo e subliñou as realizadas para separar a marina seca do acceso aos pantaláns, “que está sin concluir porque falta o vallado do peche, porque entra dentro dos presupostos do 2012, pero é unha obra que xa está executada ao 90 por cento e falta o 10 por cento restante, que se executará a continuación. Todo esto despois de insistir esta directiva para conseguila pero quen a paga é Portos de Galicia, organismo ao que lle estamos inmensamente agradecidos. Pero tamén eu creo que se deron conta de que era unha reivindicación lóxica, xa que estábamos correndo un risco moi importante, porque o acceso aos pataláns dos socios a través da marina seca é casi unha irresponsabilidade xa que si se produce un accidente grave teríamos un problema gordo. Esa é unha obra que está xa a piques de rematar. E fixéronnos outra obra no edificio do Club Náutico, porque estaba bastante deteriorado en pintura, canalóns, retranqueo de ventanais, que metían auga. Todas esas obras que fomos conseguindo son importantes para a nosa entidade.
O presidente do Club Náutico de Ribadeo aproveitou a ocasión para desexarlles un feliz aninovo a todos os socios do CNR.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
