NOTA DE PRENSA
FALLADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
O pasado luns 26 de decembro reuneuse na Bibliotaca Municipal de Xove o Xurado para decidir os premiados/as do Concurso de Postais deste Nadal 2011-2012. O Concurso foi convocado novamente pola Biblioteca Municipal de Xove, e destinado a tódolos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. Os numerosos traballos presentados estiveron expostos na Biblioteca Municipal.
O Xurado deste Concurso estaba composto por: Dª Leticia Míguez Baño da Asociación Cultural Saiñas, Dº Miguel Ángel Fra Fra pola ACD Xove e Dª Élida Álvarez Rodríguez pola Biblioteca Municipal de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro.
A relación de premiados/as é a seguinte:
Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: JENNIFER RODRÍGUEZ BARBOZA
2º Premio: DANIEL BERTOLO CASABELLA
3º Premio: ABRAHAM DÍAZ PALACIOS
Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: LORENA MEITÍN SÁNCHEZ
2º Premio: KEVIN CASTRO PIÑEIROA
3º Premio: HÉCTOR FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: NATIVIDAD PEDRE SAMPEDRO
2º Premio: TANIA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
3º Premio: XOEL RAMOS DAYÁN
CANDELA FERNÁNDEZ LÓPEZ
Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: JUAN MANUEL FERRO SANTOS
2º Premio: ISABEL CARBALHO MACHADO
3º Premio: MATEO FERNÁNDEZ LÓPEZ
Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: ROCÍO DUARTE ARAYA
2º Premio: JOSÉ MATIAS DUARTE ARAYA
3º Premio: SHEILA RODRÍGUEZ VARELA
A entrega de premios está prevista para o xoves 5 de xaneiro, unha vez rematada a Cabalgata de Xove, e van ser os propios Reis quen lles entreguen os premios. Os premios que van a recibir consisten en libros e material escolar.
Este Concurso foi organizado, coma en anos anteriores, pola Concellería de Cultura do Concello de Xove a través da Biblioteca Municipal de Xove.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



