Nota de prensa
O 065 DESENVOLVEU EN OUTUBRO 10.841 SERVIZOS NA PROVINCIA DE LUGO, O 23,8 POR CENTO DOS REALIZADOS EN TODA GALICIA
O 49,3 por cento dos servizos feitos na provincia de Lugo o pasado mes foron desprazamentos a centros de día
O 065 divídese en Lugo en 15 áreas de actuación e conta cunha flota de 25 vehículos
O Goberno galego estendeu esta prestación a toda a Comunidade autónoma, incorporando novos vehículos e, polo tanto, executando máis viaxes
Lugo, 8 de decembro de 2011.- O servizo do 065 que presta a Xunta de Galicia para o desprazamento de persoas dependentes e con discapacidade desenvolveu o pasado mes de outubro na provincia de Lugo 10.841 servizos, dos que o 49,3 por cento foron desprazamentos a centros de día e o 33,04 por centro a outros centros sociais. Tamén se realizaron viaxes a servizos médicos e para acudir a actividades de ocio. Na provincia de Lugo realizáronse o 23,8 por cento dos servizos de toda Galicia.
Este servizo divídese na provincia de Lugo en 21 áreas de actuación e conta cunha flota de 25 vehículos.
O actual Goberno galego estendeu a toda Galicia este servizo, incorporando novos vehículos e, polo tanto, desenvolvendo un número maior de viaxes. Agora mesmo existen 112 vehículos, despois de que o ano pasado se incrementara a flota en 21.
En toda Galicia os 112 vehículos desenvolveron o pasado mes de outubro 45.367 servizos. Hai que ter en conta que o número de servizos realizados supón o dobre de desprazamentos, de ida e de volta. Dos servizos demandados en toda Galicia, o 50,79 foron solicitados para acudir a centros de servizos sociais; o 31,98% para centros de día da rede pública de servizos sociais; o 7,02 por cento para actividades básicas da vida ordinaria; o 5,58 por cento para ir a consultas ou tratamentos de saúde; o 2,74 por cento para desprazamentos a residencias públicas; e o 1, 89 por cento para actividades educativas e formativas.
A normativa establece diferentes niveis de prioridade para acceder ao servizo entre as persoas que xa o teñen concedido, entre eles destacan as persoas as que lle sexa totalmente imposible utilizar calquera tipo de transporte non adaptado ou o feito de que o acceso ao 065 sexa sempre subsidiario se o usuario está nun centro que dispón de transporte propio.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



