Nota de prensa
ARMAMOS O BELEN
(14 beléns deseñados e feitos en Regal Cerámica)
DE O 09 DE DECEMBRO de 2011 AO 15 DE FEBREIRO-2012
Acto que terá lugar o vindeiro venres, 09 de Decembro ás 20 horas na Sala de Exposicións do Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.
(Sirvirase unhos viños e algo de comer)
Tratase de 14 obras feitas en cerámica de alta temperatura policromadas con óxidos, esmaltes e engobes con un contido moi chamativo e cheo de cor.
Ata fai 5 anos non se nos ocurrira facer misterios e beléns, foi a continua suxerencia de coleccionistas de todo o estado o que nos fixo iniciar este camiño.
Eu xa fixera algun belén cos alumnos da primeira escola- obradoiro de Viveiro, cos que ademais tivemos varios premios.
Hoxe seis anos despois temos en catalogo 10 nacementos, e son varios os coleccionistas e museos que expoñen as nosas creacións.
Este ano o museo Santxotena de Artziniega en Euskadi, cuios impulsores, Teresa Lafragua y Xabier Santxotena dicen no catalogo:
“ El nacimiento de la comunidad gallega es obra de Alfonso Otero Regal, un artesano de Viveiro (Lugo) que hace a penas dos semanas recibió el Premio Nacional de Artesanía. Se trata de una obra realizada exclusivamente, por encargo, para el Museo Santxotena de Artziniega.”
Por outra parte o Museo de Arte Sacro do Monasterio de Santa Clara, en Carrión de los Condes, en Palencia. mostra outro nacemiento noso na exposición “Belén sus personajes y sus símbolos”.
Xabier Santxotena muestra el Belén realizado por el artísta gallego Alfonso Otero Regal
Non todos os “misterios” que expoñemos aquí son pezas do noso catalogo tamén temos prototipos e pezas orixinais, todas elas mostran unha particular vision plástica do feito sucedido en Belén fai mais de 2000 anos.
A exposición completase con nanas e panxoliñas galegas adicadas a cada peza e música de Nadal.
Regal Xunqueira pretende facer desta mostra o inicio dunha costume anual de expoñer beléns novos cada ano.
Recordamos que o Complexo cultural REGAL XUNQUEIRA ten nestes momentos outras duas exposicións abertas e a vista do público:
ARTISTAS GALEGOS
OBRA GRÁFICA
MARUJA MAYO
DIAZ PARDO
SEOANE
LAXEIRO
VIRXILIO
COLMEIRO
MENCHU LAMAS
SILVERIO RIVAS
RENATA OTERO
SUCASAS
CONDE
CORREA CORREDOIRA
ALFONSO COSTA
PERMUY
TORRES
ABELENDA
NOVOA
MOLDES
LODEIRO
LAMAZARES
OTERO REGAL
ALFONSO CRESPO
e
DOCE E MOITAS MAIS
(Homenaxe a muller galega)
ESCULTURAS DE
XOSE M. RIBEIRA E
OTERO REGAL
TEXTO DO CATALOGO DA EXPOSICIÖN
A tradición de pór o Pesebre no mundo remóntase ao ano 1223, nun Nadal da vila italiana de Greccio.
Nesta localidade, San Francisco de Agarrades que sempre sentira un amor especial polo Nadal recibiu esta inspiración do Señor.
Achegábase Noiteboa e decidiu representar a humildade do pesebre tal como sucedeu en Belén, até cun burrito e un boi nunha pobre gruta no medio dun bosque e así o fixo, cando de súpeto, na noite de Nadal, a xente do pobo achegouse con fachos acesos á gruta que Francisco e os seus amigos prepararan.
Cal non sería a maravilla de todos os presentes cando, segundo di a tradición, sucedeu un milagre: o Neno Jesús quixo estar de corpo presente no medio deles. Todos os asistentes puideron encomiar ao recentemente nacido nese pobre pesebre, mentres os anxos entoaban encomios e cantos: tal como sucedeu en Belén. O milagre produciuse ante a vista de todos, e desde entón a fama dos “Nacementos” e o seu costume extendeuse por todo o mundo.
Desde aquel día, celébrase Noiteboa, imitando a inspiración de San Francisco de Agarrades, ao redor dun humilde pesebre que recibe ao Fillo de Deus. O Papa Xoán Paulo II, en 1.986, a petición das asociacións belenistas de todo o mundo, proclamou a San Francisco de Agarrades Patrón Universal do Belenismo.