Nota de prensa:
O GOBERNO MUNICIPAL DE CERVO PÍDELLE Á DEPUTACIÓN A AMPLIACIÓN DO MUSEO DO MAR E A APERTURA DO VIAL DE ACCESO Ó POLÍGONO DE CUIÑA.
A concelleira Pilar Álvarez, despois das declaración vertidas nos medios de comunicación pola concelleira socialista, Lara Méndez, poñéndose medallas por conseguir para Cervo unha parte dos fondos para executar as obras incluídas no Plan de Comunidades Veciñais da Deputación, quere expoñer a realidade aos cervenses.
A edil explica que “a Lara Méndez esquecéuselle, ben seguro de xeito intencionado, que ditas obras están cofinanciadas polo Concello e que se levan executando dende os gobernos do Partido Popular na Deputación”. Polo tanto, para Álvarez, o único que lle temos que “agradecer” a Méndez é “non ter eliminado este Plan de Comunidades Veciñais e seguir así desfavorecendo a este Concello como ten feito poñendo unha multa de 23.000 euros”.
Dende o Goberno de Cervo o que si queremos lembrarlle e pedirlle, unha vez máis, á Deputación, son investimentos en firme para este Concello e esforzos reais, fóra dos plans xenéricos que a Deputación ten con todos os concellos de Lugo, e non só con Cervo, como é o caso deste referido Plan de Comunidades Veciñais.
Por todo isto, volvemos solicitarlle á Deputación que execute as obras para a apertura do vial de acceso ó Polígono de Cuíña, unha obra moi necesaria para o desenvolvemento do tecido industrial do noso municipio, e a adquisición dos terreos anexos ao Museo do Mar para facer a ampliación do Museo, como os veciños deste Concello se merecen.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



