Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA UNHA DESFACHATEZ POLÍTICA QUE PSOE E BNG NON APOIASEN HOXE NA DEPUTACIÓN UNHA MOCIÓN PRESENTADA POLOS POPULARES SOBRE A READAPTACIÓN DAS COTAS PESQUEIRAS. O ALCALDE DI QUE ESTAMOS DIANTE DUN ATENTADO ÁS POSIBILIDADES DE FUTURO DO SECTOR E SUBLIÑA QUE A FLOTA DE BURELA ESTÁ DESAMPARADA.
Burela, 31 de xaneiro de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, considera unha desfachatez política que PSOE e BNG non apoiasen hoxe na Deputación unha moción presentada polo PP para a readaptación das cotas pesqueiras. González Barcia tilda o acontencido de atentado ás posibilidades de futuro do sector e considera que a flota de Burela está desamparada.
O rexedor asegura que “hai uns minutos acabo de asistir a unha mostra clara de non protección do sector pesqueiro da nosa provincia. Na Deputación o PSOE e o BNG acaban de votar en contra de que se reformulen e se readapten as cotas pesqueiras á realidade actual, e eso é un atentado ás posibilidades de futuro que teñen as flotas de Burela e de Celeiro”.
González Barcia fixo fincapé especial no porto de Burela, “a día de hoxe todo o mundo sabe e o sector, sobre todo, porque así o está a manifestar día tras día, que o quere o sector é unha readaptación das cotas de pesca porque, precisamente, o sistema que hai agora é anticuado e non ten ningunha razón de ser. Cando se plantexa por parte do Grupo Popular, tanto hai uns días no Concello de Burela coma hoxe na Deputación, unha moción onde se pide claramente que se readapten as cotas de pesca á situación actual por parte da Unión Europea, resulta que PSOE e BNG votan en contra. E esto téñeno que saber os cidadáns de Burela, especialmente as persoas vinculadas co sector pesqueiro”.
O alcalde burelés subliña que “é, políticamente falando, un atentado contra as posibilidades de futuro do sector. É lamentable ver que o portavoz do PSOE no Concello de Burela veña decindo que desde o PP non se apoia ás empresas e aos sectores en crise. Eles hoxe acaban de demostrar a súa desfachatez política poñéndose de costas as intereses do sector pesqueiro de Burela, uns intereses que non son outros que os do Concello de Burela, porque todos sabemos que Burela vive do que vive”.
Barcia pídelles públicamente ao presidente da Deputación de Lugo, o señor Gómez Besteiro, e ao portavoz do PSOE no Concello , o señor Llano, que lle expliquen ao sector pesqueiro cales son os motivos que os levan a semellante toma de decisións. Acaban de deixar ao sector completamente desamparado e os cidadáns de Burela deben saber que o único partido político que está a apoiar esa readaptación das cotas pesqueiras para garantir o futuro da nosa flota pesqueira é o PP”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



