Nota de prensa
OS SOCIALISTAS ESIXEN QUE VILLARES XESTIONE A RETIRADA DE ZAORRA ACUMULADA NA RÚA DE ACCESO A IGREXA XA QUE LEVA ALÍ MÁIS DUN ANO
-O socialista, Francisco Mon, asegura que “son varios os veciños e colectivos que denunciaron o feito pero non viron resposta por parte do Concello”
-Afirman que “o material está inutilizando varias prazas de aparcamento e non ten ningún tipo de protección, a pesares de estar preto dunha zona de xogo infantil”
CERVO, 31 DE XANEIRO. Os veciños de Cervo levan vendo un montón de zaorra diante das súas casas dende hai máis dun ano. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo subliñan que “é penoso que o alcalde, Alfonso Villares, leve máis de doce meses, dende que se finalizaron as obras, vendo este cúmulo de material de construcción e non mova un dedo para que isto se retire e se adecente a zona”.
O concelleiro socialista, Francisco Mon, asegura que “distintos colectivos e veciños, a título persoal, teñen denunciado este feito, pero sen moito éxito, a verdade. Parece que a preocupación de Villares polos problemas dos cervenses é mínima, pois as obras para as que se utilizou dito material xa están rematadas dende hai meses.”
Ademais da deixadez total e absoluta do rexedor, dende o GMS engaden que “o material está inutilizando varias prazas de aparcamento, todo isto sen sinalización e sen ningún tipo de protección, a pesares de estar ubicado preto dunha zona de xogo infantil co risco que isto conleva. Pero a seguridade tampouco lle preocupa moito ó noso alcalde.”
Esiximos que “Villares exerza as súas funcións e atenda as peticións dos veciños, que xa están fartos de tanta pasividade”.