Nota de prensa
AFORRAR 10.000€, ESO É SABER GOBERNAR
Cando os independentes presentamos unha moción para que se estudiase a forma máis económica de realizar a limpeza das instalacións da gardería, estábamos convencidos de que o custe ata o momento era excesivo (15.000 €/semestre, e decir 2.500€/mes ) e que a adxudicación directa, que realizaba o Alcalde, servía únicamente para SANGRAR as arcas municipais.
Este venres, ao coñecer as distintas ofertas presentadas por cinco empresas interesadas en prestar ese servicio, demostrouse que a nosa era unha moción necesaria, pois gracias a ela convocouse un procedemento aberto de adxudicación (toda empresa interesada puido presentarse coa súa oferta nun sobre pechado) e como resultado o noso Concello vai aforrar uns 10.000€ ao ano. De custar 15.000€ ao SEMESTRE pasaremos a pagar 20.000€ ao ANO, por moi incrible que sone.
Cando se comezou con este servicio, fai ano e medio, explicóuseme que se facía unha adxudicación directa porque non había tempo para negociar nada. Seis meses máis tarde o contrato prorrogouse. Logo chegaron as eleccións e a encargada da limpeza contratada para este servicio (actual Concelleira de Asuntos Sociais) apareceu, por casualidades da vida, de número 3 nas listas do PP.
Pasado un ano, o goberno do Valadouro (PP) vese que aínda non tivera tempo suficiente para darse conta de que esta limpeza estábanos a saír “un pouquiño” cara, pois D. José Lamela decidiu volver adxudicar o contrato directamente á mesma empresa… Pero, cun custe de 2.500€/mes ¿qué alcalde, con sentidiño, dudaría en coller ese “ofertón”?.
O que sucedía con esta contratación era tan “descarado” que a empresa que estaba a realizar ese servicio ata agora tivo O VALOR de presentar este venres unha oferta na que, ademais de limpar o que xa limpaba con dúas horas menos ao día de traballo, realizaría a maiores, a limpeza mensual dos parques infantís e o biosaludable cobrando 20.000€, e dicir, por encima dun millón e medio das antigas pesetas (case 10.000€/ano) MENOS do que estaba a cobrar ata agora… ¿Vostedes entenden algo?.
¿Qué lectura espera o señor alcalde que fagamos os veciños do sucedido?. Dende logo queda probado que, como sostíñamos os independentes, o custo deste servicio era excesivo e que as contratacións directas con fondos públicos, aínda que sexan máis “manexables”, non son o proceso máis idóneo.
Recordarlle ao Alcalde que o Concello de O Valadouro non é unha empresa privada, na que el é o máximo accionista, polo que non pode nin debe usalo para pagar favores persoais. Todo contrato debe facerse cun proceso aberto ou cunha oposición na que se contabilicen os méritos de formación e experiencia REAIS.
Unha vez máis o sucedido coa limpeza da gardería pon de manifesto a inoperancia do goberno do Valadouro e o fácil que é dilapidar os cartos dos veciños.
PD. Eu, concelleira traballadora (como di D. Lamela na súa entrevista), recordo que, antes de calquera gasto, incluso tan insignificante como o detalle para os nosos maiores, chamaba a numerosas empresas e ata negociaba persoalmente o prezo, pois era consciente de que cada euro, cada céntimo, que gastaba non era meu. Xa ve, Sr. Alcalde, ambos facemos e recordamos as cousas de distinta forma pois, para min, ese modo de actuar non é ser máis ou menos traballador só ser responsable, pero, está claro, que a integridade nace con un.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



