Nota de prensa
RECORTE E ATENTADO AS LIBERDADADES POR PARTE DO PP DE FOZ NON PLENO EXTRAORDINARIO DO PASADO 29 DE DECEMBRO.
A situación pasada no último pleno de Foz, só pasará a historia como a actitude do peor Alcalde ,que emprega a Prepotencia, chulería e o non saber estar para recortar dereitos aos grupos da oposición e consecuentemente e máis triste e lamentable eliminar a posibilidade da elaboración consensuada dun Plan de Emprego Municipal (P.E.M.)
O E. de Goberno do PP de Foz, está seriamente enfermo , sen iniciativa, sen organización, sen experiencia , sen diálogo, sen capacidade, sen peso político na mesa de plenos e sen apoio do PP da Xunta como o demostra , que en tema de emprego no último ano en diferentes programas a Xunta de Galicia do P.P. investiu en Foz 86.582 €, mentres en Burela foi de 246.451 €,en Barreiros foi de 169.167 €, en Vicedo 105.057 €, en Cervo 226.774 €…………..así mesmo vemos que a Xunta de Galicia non fai nin un so xesto político en outros temas e compromisos co pobo de Foz.
A todo o exposto temos que engadirlle a teima do Sr Alcalde de que os grupos da oposición non podemos facer propostas para axudar a gobernar, e colaborar para dar respostas aos problemas que sofren os veciños de Foz.
O P.P no parlamento de Galicia propuxo a Xunta do PP a elaboración dun Plan de Emprego, na Deputación acordase a elaboración dun Plan de Emprego e non Concello de Foz o Sr Castiñeira cun informe feito a medida, e cao súa prepotencia e falta de diálogo nega esa posibilidade ao Pobo de Foz , e por si todo isto fora pouco, incumprindo a LRBRL , retira un punto da orde do día na propia mesa do salón de plenos ao seu entoxo e nega o turno de palabra aos grupos da oposición respecto a esta decisión, sendo esta decisión a que provocou que UNIFOZ se vira obrigado a abandonar o Pleno.
O Sr Alcalde, quere gobernar con 5 concelleiros dun total de 13, se diálogo, pensa que o Concello e seu, e tamén lle molesta que a UNIFOZ, faga proposta para axudar aos veciños, xustificando que é competencia da Alcaldía; competencia da Alcaldía sería si houbera un goberno competente, pero hai un goberno que so pensa en que pasen os días, que so pensa en defender a Xunta antes que o Pobo de Foz, (como o demostrou non tema de sanidade, e en non apoiar propostas de reclamarlle a Xunta melloras para Foz), que so pensa en contratar servizos con empresas privadas externas e se preocuparse do máis de 700 parados/as que ten o noso pobo.
Respecto as declaracións do sr Alcalde de que acusa a UNIFOZ de ter ansias de gobernar, temos que aclararlle que UNIFOZ, puido participar no goberno si así o houbera considerado, pero UNIFOZ, ten ansias e ilusión en traballar para os veciños/as de Foz, dende o goberno ou dende a oposición, pero con respecto e dignidade, e non a calquera prezo.
Ao marxe do exposto, UNIFOZ ten que agradecer o apoio unánime da corporación a dúas propostas aprobadas no mesmo, como son a de solicitar a Deputación a reforma integral da rúa da Báscula en Marzán e a solicitude ao Ministerio de Fomento dun terreo para os veciños de Forxán.
UNIFOZ, seguira traballando para os veciños de Foz, e presentando propostas para mellorar o noso pobo, na posición que lle corresponda, pero con respecto e coherencia e segundo o seu compromiso cos veciños recollido no programa electoral.
UNIFOZ, centrará a súa preocupación en elaborar propostas para mellorar a situación desas máis de 700 persoas que están en paro, e considera imprescindible para Foz a Aprobación dun Plan e Emprego Municipal, e seguirá loitando para que o mesmo sexa aprobado, e esixirá que no presuposto municipal figure integramente o contido do Plan de Emprego Municipal.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



